A Xunta de Delegados e Delegadas do IES Pazo da Mercé informou á Dirección de que decidiu secundar a folga convocada pola organización estudantil ERGUER para reclamar unha Lei galega de educación como alternativa real á LOMCE, ao Plan Boloña e ao Decreto do 3+2.
Desde a Dirección será enviada ás familias esta información e mais o formulario que deben cubrir con fin de que a aqueles alumnos e alumnas que se unan á folga se lles xustifique a falta de asistencia. Este formulario será entregado ao alumnado o día 14 de novembro e debe ser devolto o día 15. De faltar ás aulas máis do 50% do alumnado, non se avanzará na explicación de materia, mais o profesorado custodiará a aquelas persoas que non secunden a folga e reforzará os contidos xa explicados ata o momento.
Un saúdo