Skip to Content

Día 26 de outubro: Charla USC + ABAU

 

Neste día contamos ca presenza de D. Celso Rodríguez Fernández, Delegado do Reitor da USC para Asuntos de Ensino Medio e Coordinador do Programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”.
 Grazas as súas explicacións, o alumnado de primeiro e de segundo de bacharelato, coñeceron con maior profundidade a oferta que ten a Universidade de Santiago de Compostela e tamén puideron solventar as súas dúbidas respecto á ABAU.

2ª SESIÓN DO CONSELLO CLIMÁTICO XUVENIL 22/10/21

 

Este venres tivo lugar na Sala de Usos Múltiples a segunda sesión do Consello climático Xuvenil de as Neves.

Nesta ocasión se debateron ideas para elaborar unha Guía de boas prácticas para un consumo responsable e se fixeron propostas de melloras de xestión do lixo para transmitir ao Concelleiro de Medio rural do concello das Neves.

Ao igual que na sesión anterior, volvemos a contar coa presenza da Concelleira de Educación Pilar González Casas.

ACTO DE RECORDO DOS LUMES QUE ASOLAGARON AS NEVES 21/10/21

      

 
 
 
 

AS NEVES CONTA CONTIGO

 
Marcos leva a cabo a explicación do sucedido cos lumes en "As Neves" en 2017. O seu testimonio é o testimonio de moitos veciños da zona que viviron de primeira man, os riscos das lapas. Posteriormente, plántase un cedro para lembrar este día.
 
 
 
 
 
 

2ª SESIÓN DE "O MONTE NACE NA ESCOLA" 21/10/21

Alejandra visítanos de novo para entregar ó alumnado de 1º ESO, un portabocadillos reutilizable elaborado por mulleres voluntarias de As Neves. Con este regalo, lógrase que o alumnado utilice en menos ocasións os plásticos, xa que así, non precisan dunha bolsa de plástico cad vez que traen o seu bocadillo.

Segundo boletín do "Mundo Tecnolóxico"

 

 

  

Preme no seguinte enlace para ver o segundo boletín de Mundo Tecnolóxico

Distribuir contido


by Dr. Radut