Skip to Content

Xoves 3 de novembro: Concurso Postaís Samain de 2º FPB


O alumnado do ciclo de Formación profesional básica de Ofimática de Oficina 1º e 2 ano, do Instituto, querendo desexar felices festas a todo o noso instituto,  elaboraron estas bonitas postais sobre o Samain con frases en distintas linguas para o módulo de Ofimática e de Operacións Auxiliares, profesora: Jeny Varela.

Venres 28 de outubro: Charla "A Muller na Enxeñaría".


A directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, Elena Alonso Prieto, explicoulles ao alumnado de 3º e 4º de ESO e do bacharelato de ciencias, as razóns polas que as mulleres teñen menos protagonismo en estudos universitarios relacionados coa enxeñaría.

Xoves 27 de outubro: Xornada de fútbol gaélico


Esta semana acudiu ao centro Aitor Avelar Lorenzo, xogador da liga galega, para dar a coñecer o Fútbol Gaélico entre o alumnado. Este xogador explicoulles que é un derporte orixinario de Irlanda, que se pode xogar cos pés e coas mans e practicaron diferentes xestos técnicos e tarefas xogadas nas dúas sesións que impartiu a 1º e 2º de ESO.

Renovación do Consello Escolar - curso 22/23

Eleccións 2022 para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar do IES Pazo da Mercé, circular co anuncio da data e hora do sorteo para a constitución da Xunta Electoral aquí

A nosa biblioteca é popular ;-)

Un video realizado polo noso alumnado sobre a biblioteca xunto co equipo EDLG, foi seleccionado para celebrar o 24 de outubro, día da biblioteca.

Estamos moi orgullosas da nosa rapazada!!

Parabéns!!

Enlace

Parabéns para o Comando de Igualdade

noticia

Dous anos despois da petición do Comando de Igualdade e Diversidade!! Conseguido!!

Parabéns comando!!

LEMBRAMOS: http://www.edu.xunta.gal/centros/iespazomerce/node/1004

Distribuir contido


by Dr. Radut