Skip to Content

Entrega de premios do concurso "Mulleres Galegas" convocado polo Concello das Neves

O xoves día 15 de abril tivo lugar a entrega de premios do concurso "Mulleres Galegas" convocado polo Concello das Neves. O concurso tiña  como finalidade reflexionar sobre a relevancia do papel que xogaron e xogan as mulleres no desenvolvemento da propia comunidade; reflectindo a necesidade de contemplar as achegas femininas na consecución da igualdade de oportunidades e contaba co aliciente de que, a proposta gañadora, pasará a formar parte da cultura urbana do municipio, a través da pintura da mesma, nun muro que será designado pola administración local.

O xurado, constituído por Pilar González Casas (Concelleira de Ensino e Benestar Social),  Noelia Rodríguez Carbillon (Traballadora Social do Concello) e Beatriz Barbeito García; representante do mundo artístico, decidiu premiar tres traballos. O 1º premio, que consistía nun vale de 100 euros para gastar en comercio local e o compromiso de reproducir a súa obra nun lugar elixido polo concello,  recaeu en Ainara Alvarez Domínguez . O 2º premio, consistente nun vale de 75 euros para gastar en comercio local, obtivérono Iris e Noa Alonso Suárez e Carla Fontán Sousa e o 3º premio, cunha contía de 50 euros recaeu en Vitoria Carballo D'Antonio.

 

 



page | by Dr. Radut