Skip to Content

Rosalía Sempre!

Un curso máis celebramos o 22 de febrero o DÍA DE ROSALÍA. Reivindicamos a nosa grande pensadora, a escritora, a súa literatura. A súa mirada liberada e liberadora. O seu compromiso intelectual con Galicia. Tivemos varias actividades nesa xornada. O alumnado decorou as xanelas da biblioteca con textos, elaborouse unha pancarta que se pendurou nunha das fachadas do edificio, asistimos a unha charla sobre xornalismo (coa presenza de Tino Lago, director de A Nova Peneira) e Sara Vila (exalumna e periodista)e a un contacontos (Ana Carreira). Tamén puidemos degustar o “caldo de gloria”, sumándonos por 2º ano á convocatoria feita pola Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega.

Rosalía é para o noso Instituto o símbolo que nos representa culturalmente e como muller. A nosa biblioteca leva o seu nome.

Lembremos estes dous verbos que outro dos nosos grandes escritores, Curros Enríquez, compuxo sobre ela:

n-a frente unha estrela

n-o bico un cantar.

 



page | by Dr. Radut