O noso alumno Cristian González Rodríguez de 2º de Ciclo Medio participou este 28, 29 e 30 de Novembro nas Galicia Skills 2018 celebradas en Silleda, acompañado pola Xefa do departamento de Informática Lurdes Docampo Gómez. Estamos orgullosos pola súa coraxe e actuación, competindo co mellorciño de Galicia.
O xoves 29 de Novembro o alumnado de FP Básica de Informática de Oficina e os compañeiros de Cristian do Ciclo Medio de Sistemas microinformáticos e redes, visitaron as Galicia Skills en Silleda.