Skip to Content

A nosa biblioteca

A biblioteca Rosalía de Castro atópase dende o 23/02/2022 na antiga "casa do conserxe" do IES Pazo da Mercé. Trátase dunha sala independente con capacidade para 40 persoas, equipada con mesas, cadeiras, estantes con libros e conexión a Internet. Tamén dispón dunha sala máis pequena, a disposición dos clubes de lectura.

A biblioteca oferta numerosos servizos.

- Préstamo: co número de usuario, alumnado, profesorado e familia pode acceder a numerosos fondos bibliográficos, dende enciclopedias e material de consulta ata novelas, poesía e banda deseñada. Tamén se conta cunha xa importante colección de discos e películas que se prestan ó alumnado nas fins de semana, e con subscrición a variados xornais e revistas de temática variada: inglés, ciencia, viaxes... Os fondos actualízanse mensualmente coas peticións do alumnado e o profesorado e coas últimas novidades editoriais, para aumentar o interese pola lectura, e para cubrir as necesidades dos departamentos.

- Conexión a internet.

- Actividades de fomento da lectura, organizadas polo equipo da biblioteca.

- Hora semanal de lectura, tamén organizada polo equipo da biblioteca.

- Programa de formación de usuarios, e de alumnado voluntario.

- Mantemento do blog www.bibliopazo.blogspot.com

- Baño acceso adaptado.

Tamén hai unha estreita colaboración co club de lectura do centro e co departamento de normalización lingüística.

Se queres aproveitar estes servizos, ou colaborar coa biblioteca, sempre serás benvido. Anímate!

 


page | by Dr. Radut