O pasado venres 3 de novembro, o noso profesor do departamento de informática, Marcos Pérez, participou como relator nunha charla da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida ó alumnado do Máster de Profesorado de Secundaria. |
O obxectivo da mesma foi dar unha visión actual da ensinanza secundaria e FP nos centros educativos da nosa comunidade, e comentar, en liñas xerais, o traballo diario do profesorado para poñer en situación ó alumnado de dito máster, que accede nos próximos días a realizar as súas prácticas nos IES galegos. |