O pasado venres 5 de maio o alumnado de 1°,2° e 3° de ESO foron ao teatro de Concello As Neves a ver unha obra de inversateatro , "Sofía". Sofía é un espectáculo unipersoal de Marta Pérez, próximo ao teatro-conferencia, realizado ad hoc a partires da montaxe maior da Cía Inversa Teatro Sofía e as Postscocráticas. Trátase dunha acción escénica na que a actriz, no escenario e acompañada da súa propia máscara (Platón), fai unha reflexión en torno á necesidade de buscar un novo xeito de reflexionar ante a problemática da violencia machista. O espectáculo dunha duración de vintecinco minutos ofrece unha panorámica ante o que sustenta a violencia de xénero: o silencio, a negación, a xustiza patriarcal e o efecto espectador. |
Ver esta publicación en Instagram