Skip to Content

Mércores 18 de xaneiro: Visita a Granilouro


O alumnado de 2o de bacharelato que cursa a materia de economía da empresa visitou o pasado mércores 18 de xaneiro a empresa Granilouro, situada no Cerquido, no concello de Salceda de Caselas, nuha visita organizada polo departamento de economía do centro. Granilouro é unha das empresas máis importantes dentro do sector do granito galego, un sector económico que xenera uns 500 millóns de euros, que ten o seu epicentro no Porriño, e que mantén arredor de 5.000 empregos directos e indirectos. Ademais é un sector internacional, xa que exporta a metade da súa producción.

Na visita as súas instalacións o alumnado pudo comprobar de primeira man as obras para as que a empresa traballa en todo o mundo, así como a tecnoloxía e os pasos necesarios para o tratamento da pedra dende que sae na canteira ata que está lista para formar parte de prazas, beirarrúas, edificios e demáis usos. Tamén aspectos máis técnicos do mundo empresarial, como a importancia de coidar ao teu equipo de traballo, a seguridade, a diversificación de mercados para facer foronte as crises, ou as certificacións tanto de productos coma de procesos.

Dende aquí, dar as gracias á empresa polo trato dispensado.



page | by Dr. Radut