Skip to Content

Alumnado de 4º ESO reuniuse co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para constituír o Consello Climático Xuvenil

Alumnas e alumnos de 4º ESO A achegáronse onte ao salón de plenos do  Concello das Neves para manter o primeiro contacto co Consello Climático Xuvenil  das Neves. Nesta xuntanza inicial, na que participaron tamén Pilar González Casas - concelleira de Ensino e Benestar Social- e Carmen Novas Ferradás  - representante do Fondo de Cooperación e Solidariedade-, as mozas e mozos puideron coñecer de primeira man, a rede de concellos galegos e países que concentra o organismo, os obxectivos de desenvolvemento sostible que  están a intentar acadar e complementar (ODS) e o proxecto que xa a están a levar hogano adiante: People and Planet: un destino común. Ademais, puideron intercambiar impresións e opinións coa directora de comunicación e sensibilización do Fondo Galego e ficaron emprazados a un novo encontro co seu persoal técnico e experto. 

 

  

 



page | by Dr. Radut