Skip to Content

Edificio Ribeiro - Rúa do Carballiño, s/n - 32400 Ribadavia Ourense Tel.: 988 78 82 66
Edificio Abrente - Irmáns Álvarez Araújo, 5 - 32400 Ribadavia Ourense Tel.: 988 78 84 60
Correo: ies.oribeiro@edu.xunta.gal

Matricúlate no Bacharelato de Artes, Imaxe e Deseño

Mellores expedientes de Galicia ABAU 2024

Parabéns ao noso estudante Óscar González García como un dos mellores expedientes de Galicia ABAU 2024.

Recollerá o seu diploma no acto de recoñecemento MEGABAU, que se celebrará o venres 21 de xuño no Coliseum da Coruña.

Este premio é un motivo de orgullo para o noso centro, e destaca o seu esforzo e dedicación.

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024/25

Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (DOG nº 96, do 20 de maio de 2024): Enlace á nomativa

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 21 de maio ata o día 21 de xuño de 2024, incluídos.

ALUMNADO QUE FINALIZA 2º DE BACHARELATO (Curso 2023/2024) Convocatoria Ordinaria e Extraordinaria

Todo o alumnado de 2º de Bacharelato está convocado  a unha reunión informativa para a tramitación do título de Bacharelato e da matrícula na ABAU, que terá lugar o próximo mércores 15 de maio de 2024, ás 10:30 horas (Aula 2º Bacharelato. A) 

Información

CURSO AFD 2024

O día 2 abril comezará no IES O RIbeiro a seguinte Acción Formativa dirixida prioritariamente a persoas Desempregadas (AFD) que inclúe prácticas en empresas: Operacións auxiliares de mantemento de carrocerías de vehículos.

O curso vai dirixido a formar persoas para exercer a súa actividade profesional realizando operacións auxiliares de mantemento na área de carrocería en pequenas, medianas e grandes empresas dedicadas ao mantemento de vehículos, automóbiles, motocicletas, vehículos industriais, maquinaria agrícola, de obras públicas y embarcacións

Solicitudes de inscrición ata no IES O Ribeiro ( teléfono contacto: 988 788 463 )  

ou na Oficina de Emprego de Ribadavia (teléfono contacto : 988 788 259)  

Nome curso: TMVL0109: Operacións auxiliares de mantemento de carrocerías de vehículos

  • Número curso: 2023/007444.
  • Data inicio: 05/04/2024.
  • Data finalización: 05/07/2024.
  • Lugar impartición: IES O Ribeiro. Edificio Abrente.
  • Número máximo asistentes: 15.
  • Horario: de 16:00 a 21:00.
  • Data de prácticas en empresas: 01/07/2024 – 05/07/2024
  • Horario prácticas: de 09:00 a 13:00 y 15:00 a 19:00.

Módulos a impartir:

Distribuir contido


by Dr. Radut