Skip to Content

Edificio Ribeiro - Rúa do Carballiño, s/n - 32400 Ribadavia Ourense Tel.: 988 78 82 66
Edificio Abrente - Irmáns Álvarez Araújo, 5 - 32400 Ribadavia Ourense Tel.: 988 78 84 60
Correo: ies.oribeiro@edu.xunta.gal

VOTACIÓNS CONSELLO ESCOLAR

O venres 15 de novembro o profesorado votou para escoller os/as representantes no Consello Escolar. Este mércores 20 de novembro de 16:00 a 17:30 votan as familias e o alumnado votará o xoves 21 de novembro pola mañá. 

CENSOS ELECTORAIS

Dentro dos procedementos relacionados coa renovación do Consello Escolar, o venres 25 de outubro quedaron publicados os censos actualizados de alumnado e representantes das familias do IES O Ribeiro. 

Poden consultarse  nos vestíbulos dos edificios Abrente e Ribeiro.

Queda aberto o prazo de reclamación a ditos censos ata o día do inicio de presentación de candidaturas, que será o luns 4 de novembro.

Esperamos a vosa participación.

Un saúdo

A Dirección

LISTADO TITORÍAS 2024-2025

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR 2024-2025

Esta semana arrancan todos os procedementos electorais para a renovación do Consello Escolar do IES O Ribeiro.

O venres 18, ás 11:10, no salón de actos do IES O Ribeiro, levarase a cabo o sorteo do profesorado, persoal administrativo e de servizos, representantes das familias e alumnado que formará parte da xunta electoral.

A asistencia a dito sorteo está aberta ao público.

Durante estas semanas iremos publicitando cada unha das fases do procedemento por ABALAR e na WEB do centro.

Un saúdo

A Dirección

VALES DE MATERIAL ESCOLAR (ESO)

Os vales de material escolar serán entregados a partir do día 1 de setembro de 2024, na secretaría do centro, en horario de 09:00 h a 14:00 h.

Só se entregarán os vales ao pai, nai ou titor/a legal do/a alumno/a, ou a persoas debidamente autorizadas polo pai, nai ou titor/a legal do/a alumno/a (descargar modelo de autorización para a entrega do vale).

Distribuir contido


by Dr. Radut