Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (DOG nº 96, do 20 de maio de 2024): Enlace á nomativa
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 21 de maio ata o día 21 de xuño de 2024, incluídos.
O noso centro está incluído no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2024/25 polo que está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Soamente poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar o alumnado de ESO.
Formas de presentación:
-
Presencialmente na secretaría do centro: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria (podes pedilos na secretaría do centro) e entregar debidamente cubertos e asinados, xunto coa documentación.
-
Presencialmente con asistencia da aplicación: cubra os datos na aplicación fondolibros (https:www.edu.xunta.gal/fondolibros), imprima e asine os Anexos I e II; entregue os Anexos xunto coa documentación, na secretaría do centro.
-
Presentación en Sede Electrónica: solicitude na Sede Electrónica
NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Convocatoria Axudas Material Escolar 24.25.pdf | 1.3 MB |
Anexo I.pdf | 1.88 MB |
Anexo II.pdf | 2.85 MB |