Secretaría
Reclamación de cualificacións
RECLAMACIÓNS CURSO 2020/21
As datas e o procedemento para a reclamación de cualificacións para o curso 2020/21 son as seguintes:
RECLAMACIÓN DE 2º BACH – CONVOCATORIA ORDINARIA
Publicación das cualificacións a través da plataforma abalar: 18 de maio de 2021.
Reclamación no centro: 19 e 20 de maio de 2021 (ata as 14h).
Entrega de resolución dos departamentos a xefatura de estudos: 21 de maio ás 14h. Entrega ao alumnado ás 14h do 21 de maio.
Prazo para a reclamación do alumnado ante á Inspección educativa: 24 e 25 de maio ata as 14h.
RECLAMACIÓN DE 2º BACH – CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
Publicación das cualificacións a través da plataforma abalar: 23 de xuño de 2021.
Reclamación no centro: 24 e 25 de xuño de 2021 (ata as 14h).
Entrega de resolución dos departamentos a xefatura de estudos: 28 de xuño ata as 14h. Entrega ao alumnado ás 14h do 28 de xuño.
Prazo para a reclamación do alumnado ante á Inspección educativa: 29 e 30 de xuño ata as 14h.
RECLAMACIÓN ESO, 1º BACH e FP – CONVOCATORIA ORDINARIA
Publicación das cualificacións a través da plataforma abalar: 23 de xuño de 2021.
Reclamación no centro: 24 e 25 de xuño de 2021 (ata as 14h)
Entrega de resolución dos departamentos a xefatura de estudos: 28 de xuño ata as 14h. Entrega ao alumnado ás 14h do 28 de xuño.
Prazo para a reclamación do alumnado ante á Inspección educativa: 29 e 30 de xuño ata as 14h.
NORMATIVA APLICABLE
Circular 2/2021 da Secretaría de Educación e Formación Profesional
Prematrícula ESO/BAC Curso 2024/25 - Información
ITINERARIOS
O próximo curso 2024/25 entra a LOMLOE en todos os cursos.
PREMATRÍCULA
Podedes consultar a seguinte información por curso:
a) Impreso de prematrícula: todas as materias a escoller. Enlace en PDF. Enlace en Word.
b) Información facilitada polos departamentos sobre determinadas materias. Enlace a cada unha delas. O alumnado debe consultar co profesorado para ampliar a información.
Procedemento de admisión curso 2021/22
Faise público o procedemento de admisión do IES Monte da Vila para o curso 2021/2022 para ESO e Bacharelato.
Datas:
- Presentación de solicitudes do 1 ó 22 de marzo.
- Resolución provisional antes do 25 de abril.
- Resolución definitiva antes do 15 de maio.
- Matrícula:
- 25 de xuño ó 10 de xullo (prazo ordinario).
- 1 ó 10 de septembro (prazo extraordinario).
O número de prazas e os detalles do procedemento poden consultarse no ficheiro adxunto.
Procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado no IES
Informámosvos de que se publicou unha orde na que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21
Podedes vela no seguinte enderezo: ORDE publicada, o 13 de novembro de 2020, no DOG
Se premedes na imaxe poderedes ver un resumo cos puntos máis importantes
Listaxes provisionais de axudas de material e Fondo Libros curso 2020-2021
- Están publicadas as listaxes provisionais de axudas de material e Fondo Libros para o curso 2020-2021.
- Reclamacións ás listaxes: 8 e 9 de xullo.
- Listaxes definitivas: ata o 14.09.2020.
- As listaxes pódense consultar no taboleiro do centro en horario de 9 a 14 h.
CALENDARIO MATRÍCULA XULLO 2020
(para o alumnado que promocione ou titule en xuño)
Pensando na seguridade das persoas, é moi importante respectar as datas de matrícula que figuran a continuación para cada un dos niveis educativos. Grazas pola colaboración.
DATA | NIVEL | DATA | NIVEL |
1 de xullo | 2º BACHARELATO | 6 de xullo | 3º ESO |
2 de xullo | 1º BACHARELATO | 7 de xullo | 2º ESO |
3 de xullo | 4º ESO | 8 de xullo | 1º ESO |
9, 10 de xullo | Poderá formalizar matrícula o alumnado que non puido facelo con anterioridade. |
Resolucións definitivas de bolsas de estudio 2019-20
Xa están dispoñibles as resolucións definitivas correspondentes ao curso 2019-20 da Convocatoria Xeral de Bolsas e Axudas ao Estudo para Niveis Postobrigatorios Non Universitarios e da Convocatoria para Alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo.
Foron publicadas na páxina do Ministerio de Educación y FP (mira as respostas ás preguntas frecuentes para saber como consultala túa bolsa).
As datas para a presentación de Recurso Reposición son as seguintes:
- CONVOCATORIA XERAL, do día 3 de xuño até o 2 de xullo, ambos días incluídos.
- CONVOCATORIA DE APOIO EDUCATIVO, do día 2 de xuño até o 1 de xullo, ambos días incluídos.
Consulta:
- Resolución definitiva de Bolsas e Axudas ao Estudo para Niveis Postobrigatorios Non Universitarios.
- Resolución definitiva para Alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo.
- Modelo de recurso de reposición
As listaxes de Convocatoria Xeral poden consultarse na páxina web do Ministerio de Educación y FP.
No que respecta á Convocatoria de NEAE as listaxes non son públicas, mais o Ministerio de Educación y FP envioulle a cada alumno, por vía telématica, cadansúa comunicación.
Matrícula nas ABAU
Proceso de matrícula ordinaria nas ABAU para o alumnado de 2º de bacharelato.
O prazo para entregar a documentación no centro será entre o día 10 e 17 de xuño.
Documentación:
- Copia do DNI en vigor.
- Impreso de matrícula ABAU.
- Resgardo de pagamento de taxas título de bacharelato (pedir modelo de taxas en secretaría).
- Resgardo de pagamento de taxas ABAU.
A documentación cumprimentarase a través dos modelos publicados pola CIUG a excepción do modelo de taxas do título de bacharelato.
Enlace á web da CIUG. https://ciug.gal/gal/abau
Listaxes provisionais alumnado admitido para o curso 2020-2021
Están expostas no taboleiro do centro as listaxes provisionais do alumnado que foi admitido para o vindeiro curso 2020-2021.
- Poderanse formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación.
- A publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
- Formalización da matrícula ordinaria: do 1 ao 10 de xullo de 2020.
Prematrícula Curso 2019/20 - Información
Podedes consultar os itinerarios da ESO e os itinerarios de Bacharelato
Podedes consultar a seguinte información por curso:
a) Impreso de prematrícula: todas as materias a escoller. Enlace en PDF. Enlace en Word.
b) Información facilitada polos departamentos sobre determinadas materias. Enlace a cada unha delas.