Coordinadora F.C.T.

COORDINADORA DE FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO:

Fernández Estévez, Marcia

Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria.

Capítulo VI Coordinación de formación en centros de traballo

Artigo 78º.Naqueles centros nos que se impartan dous ou máis grupos de ciclos formativos ou programas de garantía social crearase a figura do coordinador de formación en centros de traballo. De impartirse soamente un grupo asumirá as súas funcións o seu titor ou titora.

Artigo 79º.O coordinador de formación será designado polo director ou directora, preferentemente entre o profesorado técnico de formación profesional ou de tecnoloxía con destino definitivo no centro, por proposta do xefe ou xefa de estudios, oídos os titores con alumnos e alumnas de ciclos formativos ou programas de garantía social.

Artigo 80º.É competencia do coordinador de formación en centros de traballo:

  • a) Supervisar e dirixi-lo programa de formación en centros de traballo.
  • b) Encargarse, por delegación do director ou directora, das relacións coas institucións empresariais, laborais, etc., que poidan estar interesadas no programa.
  • c) Difundi-lo programa a nivel interno e externo.
  • d) Controlar, supervisar e valora-las actividades levadas a cabo polos titores dos ciclos formativos e programas de garantía social, convocando,polo menos, unha reunión mensual con eles.
  • e) Aqueloutras funcións que a Consellería de Educación estableza na súa normativa específica.

Artigo 81º.

  1. O mandato do coordinador será de catro anos, renovables, se é o caso, e cesará nas súas funcións ó final dos mesmos ou cando se dea algunha das causas contempladas no artigo 76.
  2. Cando se produza o cesamento antes do final do mandato, o director ou directora procederá a nomear novo coordinador de formación en centros de traballo.