INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DO CURSO
Estimadas familias, o curso 2020 - 2021 comeza e temos que adaptarnos ás novas normas derivadas da situación actual que estamos a vivir en todo o mundo. Pedimos a súa colaboración, como parte fundamental na educación do noso alumnado, para axudar a que se cumpran as medidas establecidas no plan de adaptación á situación covid19 no curso actual ao que poderán ter acceso nos vindeiros días.
Ante todo, queremos transmitir que o mes de setembro está sendo moi complicado pola indecisión e tardanza da Consellería á hora de enviar profesorado. Inicialmente concedíannos soamente un docente, pero despois de moito insistir, conseguimos un segundo, que nos garantiza a PRESENCIALIDADE PARA TODO O ALUMNADO DO CENTRO.
Achégase o novo CALENDARIO DE PRESENTACIÓNS, no que se modifica o horario con respecto á anterior información. Recorden que despois da presentación CONTINUARÁN AS CLASES DURANTE TODA A XORNADA e vindeiros días.
- Mércores 23
- 8:45h: 1º de ESO
- 12:00h: 2º de ESO
- 14:00h: 1º BACH e 1º de ciclo medio de SMR
- Xoves 24
- 8:45h: 3º de ESO
- 12:00h: 2º BACH e 2º de ciclo medio de SMR
- Venres 25
- 8:45h: 4º de ESO e 1º e 2º de FP Básica
Haberá servizo de transporte para o alumnado que teña a presentación á 1ª hora e para todo o alumnado á hora da saída.
O día previo á presentación recibirán a través de Abalar Móbil información sobre o grupo que lle corresponde a cada alumno/o, polo que deberían estar pendentes da aplicación. Haberá tres ringleiras á entrada do centro, para cada un dos grupos. Recorden que os pais/nais non poden entrar no recinto escolar.
Para coñecer o horario exacto no que o autobús pasa por cada unha das paradas, consultar no grupo da ANPA. Nós a información da que dispoñemos é que a liña de Porto Meloxo chega ao centro ás 8:25 aproximadamente e as demais liñas ás 8:40.
Mentres non publiquemos na web o protocolo mencionado anteriormente e, tendo en conta que é un documento algo extenso, queremos compartirlles un resumo desas medidas que consideramos deben ler e ter presente antes de comezar o curso, tanto os alumnos e alumnas como as familias.
Hai 3 actuacións a desenvolver durante toda a xornada lectiva que nos parece que se deben ter presentes e non esquecer en ningún momento:
- No centro educativo todas as persoas deben manter a distancia interpersoal de polo menos 1,5 metros.
- O uso da máscara é obrigatorio como medida de protección individual e colectiva en todo momento. (Tamén é obrigatorio levar unha de reposto nun estoxo).
- A hixiene de mans como principal xeito de protexernos de posibles contaxios por contacto de obxectos ou persoas.
Benvid@s ao curso 2020/2021
Poden acceder ao resumo das medidas de protección e ás normas de comezo de curso no documento adxunto.
Tamén poden consultar os diferentes plans que temos elaborado en relación á COVID-19 no noso instituto: