Historia
A miña historia está chea de cambios e ampliacións; cambios de denominación das ensinanzas, cambios de plans de estudos e ampliaciósn sucesivas das instalacións. No verán do 1985 comenzou a construción do edificio que ia albergar o Instituto de Bacharelato e Formación profesional de O Grove, comezando a impartirse as actividades lectivas en outubro dese mesmo ano. Nese período impartíronse os cursos de Bacheralato Unificado Polivalente (BUP) es os de Formación profesional de primeiro grao nas especialidades de Electrónica e Administrativo. Ao remate do curso 1986-87 as dúas ensinanzas emprenden camiños diferentes e a formación profesional convertese nunha sección delegada dependente do Instituto de Formación profesional de Vilalonga (Sanxenxo), mantendo as mesmas especialidades e grupos. Por esa época xa se detectaban importantes carencias nas instalacións, pois non había ximnasio nin vestiarios, non dispoñiamos de cafetería e no podíamos albergar o novo mobiliario do taller de eléctrónica. Tamén necesitabamos paliar a falta de espazos para seminarios e departamentos. No verán de 1987 comezaron as obras da primeira ampliación. Como resultado tiven un ximnasio, dos vestiarios, un laboratorio de Electrónica e dous departamentos. Por esta época o instituto pasou a chamarse Centro de Ensinanzas Medias (CEM) de O Grove. Este nome só durou un curso. No verán de 1988 comenzóu a segunda ampliación, necesaria para albergar o alumnado do Curso de Orientación universitaria (COU), que consistiu na transformación dos soportais da á dereita do edificio en catro aulas e un departamento. Por esta época o centro obtivo unha denominación máis estabel e pasou a chamarse Instituto de Educación Secundaria e Profesional (IESP). Esta denominación mantívose os seguintes catro anos, para finalmente adquirir o nome actual de Instituto de Educación Secundaria (IES) de O Grove. Durante o tempo transcorrido desde estón sucederíanse aínda moitos cambios. No verán de 1991 realizouse a terceira ampliación, consistente na prolongación da á esquerda do edificio para construír nela dous laboratorios, de Bioloxía e Xeoloxía e de Física e Química, respectivamente dous talleres, unha cafetería con dous aseos e un almacén. Instalouse tamén un ascensor hidráulico. Nesa época os estudos de secundaria adoptaron a denominación actual de ESO, bacharelato e ciclos de FP. Os primeiros que se establecerón foron os ciclos medios de Xestión Comercial e Equipos Electrónicos. Tamén se creou o ciclo superior de Xestión Comercial e Marketins, que non chegou a calar e se pechou despois de tres anos de duración. A última ampliación, até o momento, fíxose no verán do 2000. Constou da construción de tres novas aulas, un desdobe e a remodelación da aula de Plástica. anos seguintes o ciclo de Equipos de Electrónica cambió de denominación e pasou a chamarse ciclo de Instalacións de Telecomunicación. No curso actual (2017-2018) este ciclo pecharáse tamén e será substituído por un novo de Sistemas de equipos de Microinformática e Redes que espero que dure moito máis que os anteriores. |