Formación e Orientación Laboral
Respecto da Materia de FOL, do CMSMR de 1ro curso
Os contidos desta módulo serán desenvolvidos a través de apuntamentos aportados polo profesor.
Os criterios de avaliación, cualificación e promoción son os seguintes:
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
Os criterios de avaliación mínimos esixibles do módulo son os establecidos como tal, en cada UD, no apartado "4.2.d) Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte do alumnado".
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Tratándose dun ciclo formativo impartido na modalidade ordinaria, o proceso de avaliación terá un carácter continuo e teránse en conta as actividades que o alumnado desenvolva na aula, tanto a nivel teórico como práctico, e a actitude (atención na clase, seguimento das prácticas, pro-actividade e afán de mellora, colaboración nos equipos, orden e limpeza do material, seguimento das normas establecidas no centro, respecto ao profesorado e aos compañeiros...).
O sistema de avaliación que se seguirá neste módulo basearase nos criterios de avaliación relacionados coas unidades didácticas a avaliar.
** CUALIFICACIÓNS
Considérase que unha avaliación parcial ou final está aprobada cando se obteña unha cualificación igual ou superior a 5.
A cualificación obterase da seguinte maneira (tanto nas avaliacións como nas probas final ou extraordinaria:
nota final | cualificación. | ||
< | 1 | 0 | |
< | 2 | 1 | |
< | 3 | 2 | |
< | 4 | 3 | |
< | 5 | 4 | |
< | 5,9 | 5 | |
< | 6,8 | 6 | |
< | 7,7 | 7 | |
< | 8,6 | 8 | |
< | 9,5 | 9 | |
≥ | 9,5 | 10 |
** AVALIACIÓNS PARCIAIS
As avaliacións parciais das sesións de avaliación trimestrais farase segundo estes criterios:
- Traballo na aula: 30% de peso na nota
- Probas de avaliación: 70% de peso na nota
A nota expresada nos boletíns trimestrais soamente reflectirá a nota media das UD que foran impartidas enteiras nese trimestre, agás na terceira avaliación que segundo o artigo 29.3 da Orde do 12 de xullo de 2011, reflectirá a nota final do módulo para o alumnado que teña superadas todas as UD.
Para calcular a cualificación da avaliación parcial deste xeito é necesario obter un mínimo de 5 en cada unha das UD avaliadas. De non ser o caso, a avaliación parcial será calculada do mesmo xeito pero só se poderá acadar como máximo un 4.
** PROBAS DE AVALIACIÓN (70%)
Durante cada trimestre haberá unha probas de avaliación teórico-prácticas por cada unha das UD. As probas serán puntuadas de 1 a 10 con decimais e a nota final desta parte será a media artimética.
** TRABALLO NA AULA (30%)
Durante cada trimestre haberá actividades por cada unha das UD. As actividades serán puntuadas de 1 a 10 con decimais e a nota final desta parte será a media artimética.
Esta nota pode ser diminuida, e os aspectos que a poden diminuír son:
- Incumprimentos nos prazos de entrega dos traballos: a entrega fora do prazo establecido dun traballo, de xeito inxustificado, suporá unha redución de 50% da nota punto respecto da nota obtida nese traballo sempre e cando a entrega se produza na seguinte semana á finalización do prazo. Pasado o prazo indicado, a cualificación sera de 0.
- As faltas de comportamento e/ou actitude que interfiran o desenvolvemento das clases suporán unha penalización de ata un máximo de 10 puntos na nota final desta parte correspondente á UD na que se produza a falta. Son consideradas faltas de comportamento ou actitude: a falta de material de traballo, non prestar atención ás explicacións do docente, facer intervencións ou actuacións que molesten o desenvolvemento da clase e/ou sexan molestas para os compañeiros ou docente, non adicar o horario de clase ás actividades propostas, etc. (Nas faltas consideradas graves ou moi graves terase en conta, ademáis, as disposicións do regulamento de réxime interno do centro).
- As faltas de ortografía suporán unha redución de 1 punto respecto á nota obtida nese traballo.
** AVALIACIÓN FINAL
A cualificación da avaliación final do módulo será a media aritmética das notas de cada unha das avaliacións parciais de cada trimestre, sempre e cando cada un deles estea aprobada; doutro xeito a avaliación final do módulo será como máximo dun 4.
Ánimo e moita sorte.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
programacion fol 22.23.pdf | 230.35 KB |