Skip to Content
 

Normalización lingüística

Hai debate!

 

Concurso de debate organizado polo departamento de filosofía do IES Monelos coa colaboración do EDLG do centro. Participa o alumnado de 1º de bacharelato (do 25 de abril ao 17 de maio). No ano de Xela Arias.

 

Letras galegas 2021: Xela Arias

 Presentación de carteis elaborados polo IES  Plurilingüe de Ames sobre a poeta.

24 horas co galego no IES Monelos (24/02/2021): datos para un balance

 Presentamos os resultados da enquisa formulada ao alumnado e profesorado do centro sobre o seguimento na participación das 24 horas co galego celebrado o Día de Rosalía (24/02/2021).

Datos para unha análise e unha reflexión agora que imos celebrar o 17 de maio, o día das Letras.

Acompañamos esta mostra cuns datos preocupantes sobre o uso do galego no ensino dun estudo feito pola Real Academia Galega.

Información da RAG recollida en Praza Pública

Un de cada tres alumnos castelanfalante remata a ESO con "escasa competencia" en galego 

 

Xa está en marcha o Encontro IES "Poeta Díaz Castro" de Guitiriz e IES Monelos!

O celebramos o martes 1 de xuño.Participará o alumnado de 4º de ESO.

 

Celebrando o "Día da paz e da non violencia" no IES Monelos (31-I-2021)

 Video elaborado polo EDLG do IES Monelos coa colaboración dos departamentos de música, educación plástica, inglés e lingua e literatura galega. Adaptación da "Imagine" de John Lennon.

Hoxe poño a miña lingua!

 


Concurso "GalegoconCiencia" (1ª edición)

 Resultados finais

Bases do concurso

Listaxe de gañadores da 4ª semana e gañadores do concurso

Pincha na imaxe de abaixo (segundo o curso) para participar

Hoxe poño a miña lingua!

De que vai o proxecto

Obxectivos específicos:

 

  • Tomar conciencia da presenza da lingua inglesa na nosa vida diaria e, utilizando esta presenza, promover o uso do galego, e tamén doutras linguas minoritarias do estado (catalán, euskera e valencián).
  • Establecer contactos con outros centros educativos doutras comunidades que teñan outra lingua oficial ademais do castelán.
  • Concienciar as empresas téxtiles da necesidade de promover, non só a lingua inglesa ou castelá, senón tamén as linguas doutras comunidades autonómas como é o caso do galego.

 

Metodoloxía:

 

  1. Pedirase ao alumnado que traia camisetas, suadoiros ou cazadoras que teñan na casa con slogans escritos en inglés.
  2. Tomaranse fotografías de cada prenda de roupa e anotarase a marca de cada unha delas.
  3. A continuación, seleccionaranse as prendas a utilizar. Haberá un grupo de prendas que se escollerán para traducir ao galego. De dita selección serán envidas as fotos a outros institutos de Cataluña, Euskadi e Valencia para que sinalen a tradución no seu idioma.
  4. Con estas fotos crearase un mosaico (ou varios) dixitais, de xeito que, ao pasar o rato do ordenador por riba de cada prenda poderá lerse a tradución en diversas linguas.
  5. Enviaranse estes mosaicos aos institutos participantes.
  6. Por último, o alumnado contactará coas diversas marcas de roupa e escribiralles para intentar concienciar ás empresas téxtiles da necesidade de promover as linguas doutras comunidades autónomas que teñen unha lingua minorizada.
  7. As prendas de roupa poden ser un vehículo de promoción e tamén de coñecemento doutras linguas.

 

  • Departamento implicado: lingua galega, lingua inglesa e tecnoloxía.
  • Destinatarios: alumnado de 3º ESO (traballará na tradución) e 4º de ESO (elaborará as cartas para poñerse en contacto coas empresas téxtiles).

1ª EDICIÓN DO CONCURSO “HAI DEBATE” ORGANIZADO POLO EDLG DO IES MONELOS COA COLABORACIÓN DO DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA

 

BASES E OBXECTIVOS

 

1. Poderá participar todo o alumnado 1º bacharelato matriculado no IES Monelos no curso 2020-2021.

 

2. O obxectivo do concurso é fomentar o uso oral da lingua galega por parte do alumnado deste nivel. Por outro lado preténdese fomentar un ambiente de tolerancia dentro das discrepancias que hai dentro das opinións que mantemos as persoas.

 

3. O concurso durará 4 semanas. Empezará na semana do 19 de abril de 2021 e rematará  na semana do 10 ao 14 de maio (coincidindo coa semana das Letras Galegas.

 

4. O concurso desenvolverase coa colaboración do departamento de filosofía e desenvolverase nas sesións de aula destes niveis.

 

5. O tema escollido centrarase entre a diferenza entre natureza e cultura: somos bos ou malos por natureza? Somos libres?

 

6. O concurso estará estruturado da seguinte maneira:

 

·  Durante a primeira e segunda semana (19 ao  23 de abril e 26 ao 30 de abril)  desenvolverase un debate en cada grupo (A, B, C, D). Ao remate desta quincena quedará un gañador dos grupos de A-B e C-D.

·  Na primeira semana de maio (3-7 haberá a semifinal).

·  Na  segunda semana de maio (10-14 haberá a final).

 

7. O tema da semifinal e final estará centrado sobre a prevalencia dos dereitos individuais sobre os grupais. “Está a liberdade individual por enriba da liberdade colectiva”.

 

8. As sesións dos debates serán gravados.

 

9. Haberá dous premios únicos por cada nivel:

 

·  1º Premio contará cunha dotación de 30 € para pode comprar nun comercio colaborador da zona.

·  2º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s Bar.

  

10. A participación neste concurso suporá a aceptación destas bases.

Concurso Galego con Ciencia

 

 Bases do concurso

1. Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Monelos no curso 2020-2021.

 2. O obxectivo do concurso é fomentar o emprego da lingua galega naquelas materias nas que o galego non é a lingua vehicular na ESO (bioloxía, física e química, matemáticas, tecnoloxía, informática). Tamén preténdese que alumnado acade unha mellora no seu rendemento académico.

 3. O concurso durará 4 semanas. Empezará na semana do 19 de abril de 2021 e rematará  na semana do 10 ao 14 de maio (coincidindo coa semana das Letras Galegas.

 4. O concurso terá tres niveis:

 ·  1º e 2º de ESO.

·  3º e 4º de ESO.

·  Bacharelato.

5. Tódalas semanas en que haxa concurso, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega,  fará públicas dez preguntas, por cada unha das modalidades, relacionadas coas materias citadas na base segunda desta convocatoria. Estas deberán ser contestadas polo alumnado participante, antes das 14 horas do venres correspondente.

 6. O concurso será eliminatorio, organizado da seguinte maneira:

·  Durante a primeira semana (19 ao  23 de abril) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos sete das dez cuestións formuladas.

·  Na  segunda semana (do 26 ao 30 de abril) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos oito das dez cuestións formuladas.

·  Na  terceira semana (do 3 ao 7 de maio) poderán continuar participando o alumnado que acerté polo menos nove das dez cuestión formuldadas.

·    Na derradeira semana (10 a 14 de maio) poderán ser gañadores únicamente os que acerten todas as cuestión formuladas.

7. O cuestionario será publicado na web do instituto e no blog do equipo de dinamización www.cotarelomonelos.blogspot.com

8. O alumnado deberá responder (accedendo a través da web do instituto ou do blog do EDLG) ao formulario editado en google.docs. Nel indicarase o seu nome, apelidos, curso e grupo. É importante comprobar as respostas antes de contestar. En caso de que un concursante envíe dúas ou máis respostas só será admitida a primeira.

 9. O primeiro día lectivo de cada semana en que dure o concurso, farase público no taboleiro do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e na web do instituto, o alumnado que continua no concurso nos seus diferentes niveis.

10. Para a elaboración e selección de preguntas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega contará co asesoramento dos departamentos citados na base segunda desta convocatoria.

 11. Haberá dous premios únicos por cada nivel:

·  1º Premio contará cunha dotación de 30 € para pode comprar nun comercio colaborador da zona.

·  2º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s Bar.

12. En caso de empate de gañadores a última semana o desempate farase do seguinte xeito:

 a)      Maior puntuación nas tres semanas previas.

b)      De persistir o empate realizarase un sorteo sobre os que teñan igual puntuación máxima, tanto para o primeiro como o segundo posto.

 12. A participación neste concurso suporá a aceptación destas bases.

Distribuir contido


by Dr. Radut