Os alumnos de 2º de ESO foron de visita a Os Ancares e fixeron o Roteiro de Mustallar. Neste enlace tedes o resumo do traxecto e as calorías que queimaron
Os alumnos de 2º de ESO do grupo B, fixeron un percorrido pola cidade visitando: Praza de María Pita, Porta de Aires, Casa de María Pita, Praza e Convento das Bárbaras, Igrexa de Santo Domingo, Xardíns de San Carlos, Colexiata de Santa María, Praza de Azcárraga e Igrexa de Santiago.
¿Camina la educación hacia menos apuntes y más vídeos? Se lo preguntamos a Xacobo de Toro, profesor de Biología y Geología en el instituto coruñés de Monelos. Su método audiovisual ha sido reconocido por Scientix, la comunidad para la enseñanza de ciencia en Europa.
Ao longo desta semana os alumnos de primeiro de bacharelato da asignatura de Economía, percorreron Monelos facendo entrevistas a máis de 400 alumnos co obxectivo de obter a tasa de paro, ocupación, inactividade e actividade dos familiares dos nosos alumnos. O vídeo que recolle os resultados obtidos é o seguinte:
O pasado martes 8 de marzo, os alumnos de segundo de bacharelato da asignatura de Arte, foron percorrer Santiago de Compostela. Foron visitar a Catedral, museo catedralicio: a cripta, percorrido polas tribunas, cubertas exteriores e a restauración do Pórtico da Gloria. Asemade, visitaron o Pazo de Xelmírez e o conxunto arquitectónico da Praza do Obradoiro atendendo especialmente á fachada barroca do Obradoiro e Hostal dos Reis Católicos (antigo Hospital Real).
Xacobo de Toro, profesor de Bioloxía no noso Instituto, foi recoñecido por Scientix polo seu método de ensino audiovisual. Preme nas imaxes para saber máis.
Carolina Pérez, profesora de canto do conservatorio de música, ofreceu un recital de canciones de amor o venres 19 de febreiro con motivo do concurso de cartas de amor no que participou alumnado de 3° ESO.