Na III edición da Mostra Ciencia e Cinema os estudantes de 2º BB de Bioloxía asistirá, na Domus, á película sobre César Milstein, científico arxentino que recibiu o Premio Nobel de Medicina pola obtención dos anticorpos monoclonais.
Alumnos de 1º ESO acompañados polos profesores Teresa Giménez e Xosé M. Tato visitarán o parque de Bens. Esta actividade está organizada polo Departamento de Ciencias.
Entre os días 7 e 10 de maio estanse a realizar unhas actividades de reciclado promovidas polo Concello de A Coruña. Nelas, os estudantes de 1º ESO foron informados sobre o sistema de reciclado da cidade, fixeron un xogo de rol e o luns visitarán o Parque de Bens.
Alumnos de 2º ESO B acompañados polos seus profesores de música, asistirán ao ensaio da Orquestra Sinfónica de Galicia; a obra que van ensaiar é "O mandarín marabilloso" do compositor húngaro Bela Bartok.