Punto Laranxa contra o acoso escolar

Proxecto Eratóstenes. Xa temos unha medida do radio da Terra, en colaboración cos nosos socios do proxecto

 

   Seguindo o método de Eratóstenes, medimos a altura dunha variña vertical e a lonxitude da sombra solar mínima que produce, é dicir, a sombra, exactamente, ao mediodía hora solar local que, na Coruña, os días de medición cadrou sobre ás 14:25-14:30 horas.

   Igualmente, os nosos socios do proxecto, maioritariamente de América do Sur, facían esas medidas, o mesmo día, cando era mediodía na súa localidade. Intercambiando os datos obtidos nesas medidas, e as correspondentes coordenadas xeográficas, puidemos calcular o valor do radio da Terra.

   Entre os diferentes socios cos que intercambiamos datos destacan os valores obtidos con:

 Escola CPEM 17 de Villa La Angostura, Neuquén (Argentina), Liceo nº 1 de Paysandú (Uruguay) e C.E. Brasilio de Araujo de Bela Vista do Paraíso, Paraná (Brasil). Feitos os cálculos o valor medio que obtemos para o radio é duns 6354 km. Estamos á espera dun valor final medio que inclúa todos os posíbeis intercambios de medidas feitos entre os máis de 400 centros escolares que participamos no proxecto.

Actividades 13-14. Teatro: EL BUSCÓN

O alumnado de 3º da ESO, dentro das actividades organizadas polo Departamente de Lingua Española, asitirá hoxe venres, 22 de novembro, á representación de "El Buscón" no Forum Metropolitano de A Coruña.

Enlace á ramontic.net

 

Podes atopar actividades, curiosidades, enlaces a museos de ciencia, etc, consultando

a páxina web de Ramón Vilalta, profesor de Física e Química, no IES Ramón Menéndez Pidal

en www.ramontic.net

Dispoñible na web o impreso de Xustificación de faltas de asistencia

No ánimo de facilitar o procedemento de xustificación das faltas de asistencia do alumnado dacordo ao establecido no Regulamento de Réxime Interior do centro, na sección Centro/Xefatura de Estudos no apartado de Impresos, esta dispoñible para ser descargado o impreso correspondente.

Manifestación pola Defensa do Ensino Público

A choiva acompañounos na defensa do ensino público.

Folga día 24 de outubro. Manifestacións. Desde a ANPA animamos á participación nesta protesta

MANIFESTACIÓNS NO DÍA DE FOLGA 24 DE OUTUBRO DE 2013

Por un ensino público accesible e de calidade.

Animamos á participación nas mobilizacións organizadas.

Todo suma!

Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público: Manifestación día 24 ás 11,30 saída da Praza de Vigo

Plataforma en Defensa do Ensino Público: Manifestación día 24 ás 19,30, saída da Praza da Palloza

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer