Seguindo o método de Eratóstenes, medimos a altura dunha variña vertical e a lonxitude da sombra solar mínima que produce, é dicir, a sombra, exactamente, ao mediodía hora solar local que, na Coruña, os días de medición cadrou sobre ás 14:25-14:30 horas.
Igualmente, os nosos socios do proxecto, maioritariamente de América do Sur, facían esas medidas, o mesmo día, cando era mediodía na súa localidade. Intercambiando os datos obtidos nesas medidas, e as correspondentes coordenadas xeográficas, puidemos calcular o valor do radio da Terra.
Entre os diferentes socios cos que intercambiamos datos destacan os valores obtidos con:
Escola CPEM 17 de Villa La Angostura, Neuquén (Argentina), Liceo nº 1 de Paysandú (Uruguay) e C.E. Brasilio de Araujo de Bela Vista do Paraíso, Paraná (Brasil). Feitos os cálculos o valor medio que obtemos para o radio é duns 6354 km. Estamos á espera dun valor final medio que inclúa todos os posíbeis intercambios de medidas feitos entre os máis de 400 centros escolares que participamos no proxecto.
Podes atopar actividades, curiosidades, enlaces a museos de ciencia, etc, consultando
a páxina web de Ramón Vilalta, profesor de Física e Química, no IES Ramón Menéndez Pidal
O noso Centro está participando no Proxecto Eratóstenes, un proxecto de colaboración internacional que coordina a Facultad de Física da Universidad de Buenos Aires.
Como saberedes, Eratóstenes de Cirene (216-194 a.n.e) estimou o radio da Terra coñecendo a distancia que separaba Alexandría e a Assuán (Exipto) e medindo as diferentes sombras que deixaba un pau vertical ao mediodía, hora local solar, o mesmo día do ano.
Rememorando o seu método, estamos medindo o radio da Terra e neste proxecto participamos centros de ensino de América do Sur e da Península Ibérica; temos como socios directos, ademáis, para intercambiar máis información: dous centros do Uruguay (en Paisandú, na fronteira con Arxentina e en Chuy, na fronteira con Brasil), un en Buenos Aires,un en Cataluña e un centro en Avilés, que tamén, se chama IES Ramón Menéndez Pidal.
Para calquera consulta ou suxestión, contactar cos profesores de Tecnoloxía (Beatriz) ou de Física e Química (Ramón).
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer