Organizado polo Club Zalatecno, un curso máis celebramos en Zalaeta a semana de visibilización da muller e a nena na ciencia e na tecnoloxía promovida pola ONU e pola iniciativa 11F. A pesares das circunstancias, contaremos con moitas charlas (presencias ou online) e actividades que se desenvolverán entre o día 2 e o 12 de febreiro. Para mantervos informados e informadas, seguida as redes (@zalatecno en Instagram, @tecnozala en Twitter) ou consultade a páxina web de Zalatecno.
Nicolás, alumno de 2º da ESO, realizou no curso pasado un traballo dirixido polo profesor Ramón Pasandín na materia de Plástica, co que conseguiu un accésit no 15º Concurso de Fotografía Xurxo Lobato, organizado pola Asociación de Amigos do IES Monelos da Coruña.
programación artes plásticas 2023/2024
Os primeiros de ESO asistiron na última semana de setembro á exposición de cómic de Afundación que levou o título: "Superpoderes: David Aja e David Rubín". A actividade foi organizada polo profesor de Plástica Joaquín Perales.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer