Punto Laranxa contra o acoso escolar

Educación Física

ESCALADA NO XALO

O alumnado de 3º e 4º de ESO realizou unha saída ao Monte Xalo para escalar O Petón, un balcón de luxo que ofrece vistas de 180º a Culleredo, Oleiros, Cambre e A Coruña.

Para máis información, visita o blog "Movendo o cu!".

   

 

BENVIDA AOS "ESIT@S"

O departamento de EF quixo dar a benvida ao alumnado de primeiro da ESO cunha xornada de natación e waterpolo. Ninguén en Zalaeta que non saiba nadar!

Para máis información, visita o blog "Movendo o cu!".

A VIDA A BORDO

Comeza un novo curso, e con el novas aventuras e actividades propostas polo departamento de Educación Física. Nesta ocasión, alumnado de 1ºESO visitou a goleta "Juan de Lángara".

Para máis información, visita o blog "Movendo o cu!".

 

 

HÁBITOS SAUDABLES 1º ESO

O alumnado de 1º ESO, na materia de promoción de hábitos saudables, realizou as últimas prácticas de natureza en vena, dun xeito altamente satisfactorio.

Neste enlace http://www.movendocu.blogspot.com.es podedes vernos en bicicleta pola contorna da torre ou facendo piragüismo na ría saíndo dende Oza. Polo que só nos queda pendente coidar máis do noso mar, coidarnos máis como comunidade; facendo do San Xoán unha festa máis respectuosa co noso partrimonio natural e cultural"

RAFTING

Esta semana alumnos de 3º, 4º da ESO e de 1º de BAC, participaron na actividade de Rafting. 

V Gala ALABAILA

O venres 5 de Abril celebróuse no salón de actos a V Gala ALABAILA, os 8 grupos tanto de 1º como de 2º ESO, estrearon as pezas que fixeron no proceso creativo grupal de aula. Esta edición a UDI foi: "Imos pasalo de cine", cada clase elexíu unha película, buscaron material para traballar guión, escenas... e gañou "Titanic" aínda que o xurado o tivo realmente  dificil co nivel escénico acadado en cada unha desas historias que contaron falando co corpo.

Para ver os vídeos das actuacións ou saber máis do proceso: http://www.movendocu.blogspot.com.es

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer