Punto Laranxa contra o acoso escolar

Educación Física

SAÍDA AO ROCÓDROMO

 

O Departamento de Educación Física organizou, unha vez máis, a saída ao rocódromo, á que asistiu alumnado de 1.° da ESO.

ESCALADA E SENDEIRISMO NO XALO

Pouquiño a pouco imos recuperando a nosa actividade. O Departamento de Educación Física organizou unha saída para 3° e 4° da ESO: escalada e sendeirismo polo Xalo e Celas de Peiro. Sen dúbida, o mellor xeito de desfrutar da contorna e ...mover o cu!

 

GALERÍA

RAFTING

Enerxía e adrenalina no río Ulla!! O martes 1 de xuño o alumnado de 4° da ESO puido realizar esta actividade ao aire libre coa colaboración da empresa Arrepions. Está claro que as imaxes falan por si soas Sorriso O noso agradecemento tamén ao profesorado acompañante: Fran Soto e María José Bastón. Seguimos, co noso "Zalaeta Cara Adiante" por bandeira!

GALERÍA

AIRE LIBRE E NATUREZA POLA RÍA DE FERROL

O mércores 25 de maio o alumnado de 1º de BAC fixo unha excursión pola ría de Ferrol. A visita foi moi completa, pois houbo percorrido cultural polo Ferrol histórico, guiado pola profesora Ana López, roteiro de sendeirismo que culiminou na Fervenza de Belelle e paseo en lancha ata Mugardos. E, por se fora pouco, o tempo foi estupendo. Os profesores que acompañaron aos rapaces foron, ademais de Ana, Fran e Emilia.

GALERÍA

 

 

 

 

ESCALADA NO ROCÓDROMO

Nestes días o alumnado de 1º da ESO participa nesta actividade no Rocódromo Riazor, organizada por Ismael, profesor de Educación Física.

 

  

Semana de Surf para 2º e 3º ESO

Actividade organizada por Galisurf en colaboración co Departamento de Educación Física.

Toda a información dispoñible nos documentos adxuntos.

Ver las imágenes de origen

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer