Punto Laranxa contra o acoso escolar

blogue deZalaeta

Aula Lucida. Finalistas 2013


Os grupos gañadores do concurso "Aula Lucida" foron:

  • 1º premio 4º ESO C
  • 2º premio 3º ESO C

Ler máis...

NORABOA!


Taboleiro informativo medioambiental


 

 

Na entrado do noso centro temos un taboleiro informativo acerca de cuestións medioambientiais, para recordarnos a todos a importancia que ten coidar o medio onde vivimos e conservalo adecuadamente.
O seu carón fixemos campañas como a de recollida de tapóns de plástico.

Ver máis imaxes


Primatrozicla- 2013


O Trozicla é un mercado para o intercambio de obxectos que é organizado cada ano no IES Ramón Menéndez Pidal por estudantes de Comercio Ciclo Medio.

Consiste en que todos os alumnos e persoal da escola teñan que aportar algún obxecto da súa casa que non lles sexa útil. No que celebramos esta primavera teñen especial importancia os libros ó coincidir co día das LETRAS GALEGAS. 

No mercado os estudantes cualifican os obxectos, asignando un valor que traen de adhesivos, A, B e C. Onde A é o valor máximo e mínimo C.

É aquí comeza o intercambio.

O obxectivo deste mercado é que a xente recicle obxectos que pensan que non teñen valor e intercambialos por outros que lles interesen máis. 

E finalmente, doar todos os obxectos para unha ONG, xa que os obxectos aos que non lle damos valor para outros si que o teñen.


Graduación Bacharelato 2013

 


 

Alumnado de Bacharelato que se gradúa


Viaxe a Guimarães do Proxecto Terra


Xa estamos de volta!

A visita á cidade de Guimarães foi divertida e instructiva: Citania de Briteiros, comida a pé de castro, telesférico, visita ao Monte da Pena, paseo nocturno pola vila, percorrido pola zona rehabilitada do Baixo Guimarães, visita ao Castelo e ao Pazo dos Duques de Bragança, e de volta á casa. Un visto e non visto que nos fixo sentir a proximidade das vacacións.

E que bo tempo!

Ver máis fotos


Campeóns do Torneo Intercentros de Fútbol 11


O pasado xoves, 16 de maio, ZALAETA PROCLAMOUSE CAMPEÓN na final do torneo INTERCENTROS DE FÚTBOL 11, cun  contundente resultado de 5-1.
Este ano o claro favorito era o IES Monte das Moas. Pero, no vestiario o Mister expuso as claves psicolóxicas e tácticas do partido moi convincentemente. Os adestradores e xogadores  estiveron moi mentalizados e acertados de principio a fín. Monte das Moas por momentos parecía anulado dada a nosa superioridad. Os goles foron finalizacións de xogadones de equipo, marcando Pedrito e Elías e Pedrito, Daniel, Pedrito. O partido tivo momentazos moi brillantes, non resultando o xogo deslucido pola intensa choiva. Nas bancadas  animando e dando saltos de alegría, moi felices pola actitude comprometida e deportiva amosada, e polos GOLAZOS DO NOSO EQUIPO!!
 
GRAZAS as personas implicadas na organización do torneo,  xogadores,  arbis,  fotógrafo,  xente que foi animar,  familias comprometidas na formación integral dos seus fill@s, direccións, profesorado, adestradores,  que permiten que o deporte teña presenza e trascendencia nos colexios e institutos.
MOITAS GRAZAS !! Entre tod@s fixemos que este torneo sexa tan especial pola motivación enorme con que acudimos os equipos de cada centro escolar.

Somos moi felices portando na nosa vitrina a copa desta edición 2013.

O ANO QUE VEN ZALAETA VAI PRESENTAR UN EQUIPO DE CHICAS!!


Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer