Punto Laranxa contra o acoso escolar

blogue deZalaeta

Recollida de comida para o Banco de Alimentos

 


Ata o mércores, 24 de abril

Podedes deixar no noso Instituto (no hall ou en calquera aula) alimentos non perecedeiros para enviarlle ao BANCO DE ALIMENTOS “RÍAS ALTAS”, de A Coruña.

Pregamos aos diversos colectivos que compoñen a comunidade escolar (alumno, profesorado, persoal non docente, nais e pais) unha achega en solidariedade coas persoas máis necesitadas.

Organiza a actividade o profesorado e alumnado de 3º ESO da materia de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras.

 


Visita a Marineda City e a Facet-Ibérica


O alumnado do Ciclo Medio de Comercio-B visita Marineda City

Ver máis fotos

O alumnado de 1º do Ciclo Superior de Comercio Internacional

visita a empresa Facet-Ibérica


Vídeo da viaxe a París


Aquí tedes un vídeo sobre a viaxe, para non esquecer nunca París.

Grazas a todo o alumnado que, coas súas fotos, permitiunos facer este vídeo.

Grazas aos pais, que apreciando o valor de aprender, tamén, fóra da aula, fixeron un esforzo.

Zalaeta, 2013


Visita á Alfándega


O día 26 de febreiro o alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Comercio Internacional acudíu ás oficinas da Alfándega, onde lle explicaron os trámites e procedementos necesarios para exportar ou importar mercadorías.
Foi unha visita produtiva e recomendable para aquelas persoas que queiran introducirse no mercado internacional.

Vanesa Rey e Arantxa Touriñán, 2º CS Comercio Internacional


Visita ao Posto de Inspección Fronteiriza


Este pasado xoves, a clase de 2º curso de Comercio Internacional realizou unha das visitas máis esperadas. Puidemos comprobar de primeira man o funcionamento do Posto de Inspección Fronteiriza (PIF), nunha visita instrutiva á par que amena. Para finalizar gustaríame transmitirlles aos meus compañeiros de 1º curso que vaian á visita o ano que vén xa que aprenderán moito.

Ver máis fotos

Texto: Jacobo Rodríguez Fernández - Alumno de 2º CS Comercio Internacional


Visita á Delagación Provincial de Comercio


Ver máis fotos

Os días 18 e 19 de Febreiro, os alumnos de 2º curso de Comercio Internacional realizamos unha visita á Delegación Provincial de Comercio – Sevicio de Inspección do SOIVRE.
A visita consistiu nunha charla de aproximadamente unha hora, onde nos explicaron o funcionamento desta institución.
Unha visita moi interesante e moi recomendable para as persoas dedicadas ao comercio internacional e que teñan calquera problema que resolver. Leer máis...

Beatriz Yáñez González - 2º C. Internacional


Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer