Punto Laranxa contra o acoso escolar

blogue deZalaeta

Noite Bohemia no I Festival "Por Amor al Arte"


O sábado 16 a nosa compañía de teatro Noite Bohemia estivo invitada a participar no I Festival "Por Amor al Arte" da Coruña.
Por ese motivo levamos a representación de Aulularia ao Fórum Metropolitano onde unhas 70 persoas estiveron a ver a comedia.
Esta é a primeira actuación que dará a saída para a tempada 2013.


Visita a Gadisa do CM de Comercio B


Foto: Gabriel Pacheco Lareo

A nosa visita a Gadisa constou dunha charla con dispositivos nunha sala habilitada onde nos proporcionaron unha botella de auga mineral e unha barra de cereais da súa propia linea (Leader price). Unha vez rematada a charla dirixímonos ao almacén onde nos explicaron todo o proceso que se levaba a cabo para a preparación dos pedidos.

Texto: Daniel Viana Cambre


Práctica de transformación bacteriana na Domus


O día 31 de xaneiro de 2013 os alumnos de bioloxía de 2º de bacharelato fixeron unha saída á Domus, onde realizaron unha práctica de biotecnoloxía. Dita actividade consistiu en introducir un xen humano, coa información para sintetizar a proteína MYLIP (relacionada coa cura da aterosclerose), nunha bacteria.
O traballo no laboratorio resultou moi interesante e divertido.

Máis fotos aquí.


Trozicla 2012


O trozicla é un mercado para o intercambio de obxectos que é organizado cada ano no IES Ramón Menéndez Pidal  por estudantes de Comercio Ciclo Medio.
Consiste en que todos os alumnos e persoal  da escola teñan que aportar algún obxecto da súa casa que non lles sexa útil. No mercado, os estudantes cualifican os obxectos, asignando un valor que traen de adhesivos, A, B e C. Onde A é o valor máximo e mínimo C.
E aquí comeza o intercambio.
O obxectivo deste mercado é que a xente recicle obxectos que pensan que non teñen valor e intercambialos por outros que lles interesen máis. E finalmente, doar todos os obxectos para unha ONG, xa que os obxectos aos que non lle damos valor para outros si que o teñen.

Ver documento completo aquí.


Entrevista ao Prof. Dr. Ottmar Edenhofer


Iván del Campo Bellón e Aldara Fernández Carro, alumnos de 1º de Bacharelato da materia de Tecnoloxía Industrial, entrevistan ao Prof. Dr. Ottmar Edenhofer, co-presidente do Grupo de Traballo 3, para a mitigación do cambio climático do "Intergovernmental Panel on Climate Change" (IPCC).


Visita ao porto e Zona Franca de Vigo

A visita consistiu en 3 partes: lonxa, porto e zona franca, por esa orde. A pesar da chuvia e vento, a visita foi bastante interesante, en especial a zona franca, onde despois dun suculento almorzo, explicáronnos o status aduaneiro e réxime tributario das empresas de import/export situadas nesa zona especial. Dende logo, quen estea a pensar en emprender no futuro, esta información foille de grande utilidade e amplía un pouco máis noso coñecemento sobre a loxística de moitas empresas. Tamén destacar, a existencia
da base de datos ARDAN, que por un módico prezo, nos ofrece datos financeiros (resumos, gráficas, etc.) de máis de 90.000 empresas españolas.

A visita foi recollida na web do Consorcio da Zona Franca. Para vela pincha aquí.

Roberto Pérez Doeijo, 2º CS Comercio Internacional


Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer