FacebookSíguenos en YouTube

Taboleiro de Novas

Gañador I Concurso Slogan 25 de Novembro

Xa temos Gañador!!

I Concurso SlogansO 25 de novembro celebrouse o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.
O Slogan gañador do I Concurso de Slogans para a conmemoración desta data, foi o seguinte:

O gran perder do home? A violencia contra a muller

Este slogan foi ideado por Junior Pereira Grille, alumno de 1º Curso do Ciclo Formativo de SMR.

Parabéns ao gañador.

I Concurso Slogan 25 de Novembro

I Concurso Slogan
25 de Novembro
Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Mulller

I Concurso SlogansO 25 de novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.

Con motivo desta celebración a Biblioteca do IES Maximino Romero de Lema convoca este concurso de slogans.

Lembra que un slogan é unha frase breve ou texto curto con certa orixinalidade usado na propaganda comercial, política...

O teu, cando menos, ha de ser orixinal e ter como finalidade poñer a xente a pensar...

Máis info:
Bases do Certame.

Recomendacións do mes de Outubro

Película:
               La novia cadáver (Tim Burton)
Libros:
               O burato do inferno ( José Manuel Trigo, Ramón Trigo)
               El escarabajo de oro y otros relatos (Edgar Allan Poe).

A frase da semana

Aviso ós ratos da biblioteca...

Temos un punto de lectura rápida no corredor da planta baixa.

Trátase de ler frases curtas e/ou de interpretar debuxos sinxelos que fagan pensar e reflexionar sobre a vida cotiá, sobre a actualidade ou sobre temas académicos e escolares.

Animamos ó alumnado e profesorado a escribir a frase da semana e/ou debuxar o chiste da semana. Se non queredes facelo persoalmente deixádeo na Biblioteca que xa nos encargamos de poñelo.

O equipo da Biblioteca

Benvid@s á Biblioteca

Benvid@s á Biblioteca do I.E.S. Maximino Romero de Lema

Biblioteca

Distribuir contido