FacebookSíguenos en YouTube

Lecturas de Nadal recomendadas pola Biblioteca

Lecturas de Nadal

 Lecturas para o Nadal.

Dende a Biblioteca, fixemos unha escolma de Lecturas recomendables para este Nadal, que podedes consultar premendo na seguinte publicación:

Benvida

Benvid@s un novo curso a este portal do IES Maximino Romero de Lema. En primeiro lugar, un saúdo a todas as persoas membros da Comunidade Educativa: profesorado, familias e alumnado. Agardamos que este Centro saiba cumprir coas expectativas que supoñemos estades poñendo nel. Por outro lado agardamos tamén de toda a Comunidade que poidades seguir contribuíndo ao enriquecemento da vida do Instituto a todos os niveis: académico, social e cultural.

E vós, alumnas e alumnos, que cando rematedes a vosa estadía aquí, sexa no nivel que sexa: ESO, Bacharelato, FPB ou Ciclo, poidades estar todos satisfeitos da formación acadada. Entre tod@s queremos seguir facendo deste Centro unha referencia e aínda que somos conscientes das dificultades que supón estar no rural, iso non pode ser un hándicap, senón un estímulo para demostrar que sabemos estar ao mesmo nivel que todos os demais (vaia como dato que observando os resultados obtidos na selectividade dos últimos cinco anos, este IES atópase no 3º lugar de Galiza cun 100% de aprobados nese período).

Ánimo pois e desexarvos un curso 17-18 o máis produtivo posible.

O equipo directivo.

Eleccións Consello Escolar 2014

ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS OU TITORES/AS LEGAIS DO ALUMNADO AO CONSELLO ESCOLAR

Circular informativa

Adxúntase o Calendario para a celebración de eleccións ó Consello Escolar segundo a Resolución do 19 de setembro de 2014 (DOG do 1 de outubro).

Calendario Eleccións Consello Escolar 2014

I CONCURSO DE ESOPÍAS

Este ano as Bibliotecas Escolares presentan  o seu día, o 24 de outubro, como BIBLIOTECA ESCOLAR... MATEMÁTICO!!!
Por esta razón nace o I CONCURSO DE ESOPÍAS…

Máis información

Distribuir contido