FacebookSíguenos en YouTube

Estreo de cine: "A casa da luz"

A casa da luzO vindeiro sábado 30 de xaneiro, para continuar co seu programa de actividades culturais, o alumnado de Artes Escénicas e Xestión Cultural do IES Maximino Romero de Lema prepara “un estreo mundial de cine”.
Seguramente moitas persoas lembren unha película que se gravou fai anos na Carballeira de Baio, para a que se construíra un grande barco e na que participaron moitas e moitos veciños da vila. Pois ben, chegou a hora de poder ver “A casa da luz”, un filme recomendado para todos os públicos e que está baseado nun libro escrito por Xavier P. do Campo.
A proxección comezará ás 19:00h, no centro sociocultural de Baio, e ao remate gozaremos de un pequeno debate con Carlos Amil Serantes (director da película) e Xosé Xoán Cabanas Cao (produtor de Vimbio Filmes). A película non puido ser estreada nos cines e por iso este grupo de grupo de alumnos/as -que participaron algúns deles na película- buscaron o xeito de poder facer realidade un dos seus soños: verse na gran pantalla.
A casa da luz quere convidar aos nenos e nenas - e tamén os que deixaron de selo- a unha viaxe na que descubran por medio da diversión, as emocións e a sorpresa que cada día podemos volver á casa máis sabios se conseguimos superar o medo ó descoñecido, que a amizade é máis indestrutible do que supoñiamos e que a solidariedade e a unión entre os pequenos pode vencer aos poderosos.
 
Agardámosvos!!!
 
Alumnado de Artes Escénicas e Xestión Cultural do IES Maximino Romero de Lema