FacebookSíguenos en YouTube

Concurso para a contratación do servizo de cafetería do centro

A instrución 4/2015 do 1 de xuño de 2015 regula a contratacción do servizo de xestíon da cafetería dos centros docentes non universitarios dependentes da consellería de educación.

Por tanto, se alguén está interesado en facerse cargo deste servizo de cafetería pode ver as bases na seguinte ligazón: instrucións para contratación da cafetería.

Queremos destacar que tal como aparece nas indicacións xerais, o prazo de duración non pode ser superior a un ano nin pode ser obxecto de prórroga, polo que a citada contratación realizarase polo curso 2015/16.

O cálculo do canon anual esixible (que pode ser aumentado pola oferta que realice o licitador) resulta da realización das seguintes operacións:

1.Horario diario.(Primeiras 4 horas) Por cada hora ou fracción de apertura da cafetaría multiplicarase por 50 €.
2.Horario diario.(A partir da 5ª hora) Por cada hora ou fracción a partir da 5ª hora de apertura da cafetaría multiplicarase por 15 €.
3.Usuarios. Por cada usuario multiplicarase por 0,50 €. Para a obtención do número de usuarios deberase sumar o número de alumnado matriculado no centro, máis o profesorado, máis o persoal non docente adscrito ao centro.



Exemplo 1. Cafetería aberta 4 horas (2 períodos de 2 horas)
1.Horario diario (Primeiras 4 horas) 4x40= 160 €
2.Alumnado matriculado: 300; Profesorado: 20; Persoal non docente: 3. 
   323x0,40= 129,20 €

Total canon mínimo:
160 €+129,20 € = 289,20 €


Exemplo 2. Cafetería aberta 10 horas (2 períodos de 5 horas) 
1. Horario diario (Primeiras 4 horas). 4x40= 160 €
2. Horario diario (A partir 5ª hora).  6x10= 60 €
3. Alumnado matriculado: 300; Profesorado: 20; Persoal non docente: 3.
    323x0,40= 129,20 €

Total canon mínimo:
160 € + 60 € + 129,20 € = 349,20 €