V Concurso Europeo de Marcapáxinas
O xurado do V Concurso Europeo de Marcapáxinas acordou conceder un Accésit á alumna de 1º Ciclo de Sistemas Microinformáticos e Redes, Noemi Caramés Castro, polo seu marcapáxinas elaborado dentro do proxecto eTwinning Letras Galegas 2015 - Homenaxe a Rosalía de Castro.
Ao concurso presentáronse case 300 marcapáxinas a través do proxecto eTwinning Letras Galegas 2015 – Rosalía de Castro, que ten outras actividades como gravación de vídeos, curso de galego, cronoloxía e tradución de obras de Rosalía e de outros autores como o portugués Fernando Pessoa e o xenovés Edoardo Firpo.
Noraboa Noemi!!