FacebookSíguenos en YouTube

O Amigo Invisible pasa pola Biblioteca

O Amigo Invisible pasa pola Biblioteca

Invisible

Este Nadal pode ser distinto...chegou o amigo invisible!

Non che gustaría que alguén do centro te sorprendera cunha película, un CD de música, un cómic, unha novela...Pensa que é posible que ocorra...

A todo esto... ti tamén sentirás a necesidade de abraiar a alguén da túa aula.

Aí che vai a solución para que podas dar e recibir. Sigue estes pasos, son sinxelos:

1. Facede un sorteo no voso grupo para ver quen vai ser o amigo de cada un de vós.

2. Unha vez que saibas quen é o teu amigo, vai á Biblioteca, curiosea o que hai por alí e pensa o que lle pode interesar.

3. Co teu carné colle ese agasallo, rexístrao na Biblioteca e despois...

4. ...só che queda coller papel de envolver os agasallos na Biblioteca e empaquetalo.

5. Ponlle un adhesivo co nome do afortunado/-a que vai recibir o galano e déixalle unha pequena mensaxe nunha tarxeta. Despois deposítao na Biblioteca.

Libraría

Antes de que marchemos de vacacións alguén repartirá polas aulas todos eses agasallos...

Imaxinamos que che gustaría recibir un... Entón xa sabedes... Participa e dálle a sorpresa a alguén... Non serás dos que só queren recibir e non dar...

(Todo o material que necesites proporcionaracho a Biblioteca: papel agasallo, adhesivos, tarxetas...)

IMPORTANTE: O préstamo é temporal. Deberá devolverse á volta de vacacións.