FacebookSíguenos en YouTube

RSS edu.xunta

Distribuir contido
Actualizado: hace 3 anos 45 semanas

Campaña de Vixilancia da Saúde do Persoal de Centros Docentes 2020/2021

Lun, 2020-09-21 13:00
Idioma Gallego Campaña de Vixilancia da Saúde do Persoal de Centros Docentes 2020/2021

Mediante Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, do 16 de setembro de 2020, autorízase a difusión da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente destinado en centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

É aplicable ao persoal docente e  non docente (funcionario e laboral) en activo, que presta servizos nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas conforme as instrucións deste procedemento enviadas aos distintos centros de traballo. As persoas responsables dos distintos centros de traballo facilitarán a información necesaria para a inscrición dos traballadores e das traballadoras.

 A dita inscrición realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no seguinte enlace: https://revisionmedicaeducacion.xunta.gal

  • A solicitude de inscrición debe incluír todos os datos que figuren no formulario. A falta dalgún deles impedirá a súa tramitación.
  • Toda inscrición xerará un xustificante de consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.
  • O prazo de inscrición será de vinte (20) días naturais a partir do día seguinte ao da difusión desta campaña na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

File: 

Resolución do 16 de setembro de 2020 Preguntas frecuentes Instrucións Revisións Médicas Precisións dos prazos de inscrición

Tema: 

Información xeral Programas e plans

Departamento: 

Secretaría Xeral Técnica Servizo de Prevención de Riscos Laborais

Colectivo: 

Profesorado Centros
Categorías: Noticias edu.xunta

O Comité Educativo traballará organizado en catro subgrupos arredor da organización dos centros, o ensino virtual, a inclusión e as ensinanzas de réxime especial

Lun, 2020-09-21 12:51
Idioma Gallego

Summary: 

O titular do departamento educativo da Xunta agradeceu o compromiso de todos os seus membros e salientou a aposta da Xunta pola participación da comunidade educativa e o consenso

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presidiu hoxe a primeira reunión do Comité Educativo, o máximo órgano asesor do Goberno galego neste eido no contexto da pandemia derivada da covid-19. Nesta xuntanza, explicou que o Comité organizará o seu traballo en catro subgrupos, centrados na organización escolar e interna dos centros, no ensino virtual, na inclusión do alumnado con necesidades educativas especiais e nas ensinanzas de réxime especial (adultos, artísticas e deportivas, que funcionan cos seu propios ritmos).

Román Rodríguez quixo comezar agradecendo a todos os integrantes do Comité Educativo a súa participación neste órgano, que “denota un compromiso significativo co traballo por parte destes profesionais”, dixo. O titular do departamento educativo da Xunta explicou que o obxectivo deste Comité é contar con mecanismos de asesoramento, decisión e avaliación neste contexto, no que se van producir “moitas situacións impredecibles e descoñecidas”.

Así mesmo, incidiu en que o Goberno galego entende, e dese espírito nace o Comité Educativo, “que hai que favorecer a participación e o maior consenso posible no eido educativo”. Neste sentido recalcou que todos os axentes implicados son “fundamentais para que os sistema funcione con normalidade e o mellor posible dentro da situación actual”, mantendo a súa calidade.

O conselleiro quixo tamén facer fincapé en que, aínda que sigue a estela do Comité Clínico, o Comité Educativo non vai tomar decisións sanitarias. Aínda así, agradeceu a presenza de expertos deste ámbito, considerando moi positivo contar con asesoramento do persoal sanitario para tomar decisións educativas no escenario actual.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Categorías: Noticias edu.xunta

Orde do 18 de setembro de 2020 pola que se crea o Comité Educativo de Persoas Expertas para afrontar a emerxencia sanitaria derivada da pandemia

Lun, 2020-09-21 10:28
Idioma Gallego

Xúntase a Orde do 18 de setembro de 2020 pola que se crea o Comité Educativo de Persoas Expertas para afrontar a emerxencia sanitaria derivada da pandemia.

File: 

Orde do 18 de setembro de 2020 (DOG)

Tema: 

Información xeral

Departamento: 

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Colectivo: 

Centros
Categorías: Noticias edu.xunta

O Comité Educativo constitúese este luns con 35 membros como máximo órgano asesor da Xunta no eido docente ante a covid-19

Dom, 2020-09-20 12:50
Idioma Gallego

Summary: 

Traballará de xeito coordinado co Comité Clínico e centrará a súa actividade, exclusivamente, nos aspectos relativos á adaptación do sistema educativo á situación de pandemia A súa función será identificar medidas organizativas e de xestión que favorezan o ensino inclusivo e de calidade nos distintos escenarios epidemiolóxicos Esta semana estarán xa traballando nos centros a meirande parte dos preto de 2.000 docentes contratados a maiores e o resto, vinculados ao programa de reforzo ARCO, incorporarase xa neste primeiro trimestre

O Comité Educativo, creado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, como máximo órgano asesor do Goberno galego en materia educativa no contexto da pandemia da covid-19, constituirase este luns 21 de setembro por orde do Diario Oficial de Galicia (DOG). Este órgano manterá tamén este luns a súa primeira xuntanza, que o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presidirá de xeito telemático.

O Comité centrará a súa actividade nos aspectos relativos á adaptación do sistema educativo á situación de pandemia derivada da covid-19, co fin de que estes retos e demandas sexan abordados con rigor científico e de maneira colexiada desde ópticas educativas complementarias e coordinadamente co traballo doutros comités científicos e autoridades sanitarias competentes, nomeadamente o Comité Clínico.

As súas funcións serán as de identificar e asesorar, desde a mellor evidencia científica dispoñible, medidas organizativas e de xestión educativa que favorezan o ensino inclusivo e de calidade nos distintos escenarios epidemiolóxicos posibles; así como propoñer e avaliar medidas educativas, organizativas e de xestión, que favorezan a mellor resposta posible desde criterios de inclusión, equidade e calidade, tendo en conta as particularidades e especificidades dos diferentes centros educativos.

Experiencia e base científica

Así mesmo, promoverá a redacción de informes, relatorios e estudos que aporten bases científicas sólidas para a mellora continua e adaptación ás circunstancias emerxentes da resposta educativa no marco da pandemia, tanto a curto como a medio e longo prazo. Neste sentido, poderá presentar, analizar e avaliar relatorios xurdidos no seu seo ou ben procedentes doutros grupos de traballo expertos pola súa delegación.

Coa posta en marcha deste Comité, cos protocolos de comedores escolares e para o alumnado con necesidades especiais xa aprobados polo Comité Clínico e co reforzo de preto de 2.000 profesores xa confirmado, a Xunta de Galicia ten practicamente implementadas as últimas medidas de adaptación do ensino á covid-19.

Neste sentido cómpre lembrar que esta semana estarán xa traballando nos centros a meirande parte dos preto de 2.000 docentes contratados a maiores e que o resto, un total de 543 profesores vinculados a ARCO, se incorporará xa neste primeiro trimestre, tan pronto se resolva a convocatoria deste programa de reforzo.

A maiores de todas as opcións que a Xunta ofreceu aos centros para facilitar o desenvolvemento da súa actividade, a contratación de máis profesorado é a principal medida impulsada desde o seu departamento e mostra do compromiso do Goberno galego coas necesidades dos centros neste momento.

Membros do Comité

O Comité Educativo, composto por 35 membros, será presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade e reunirase coa periodicidade que a situación epidemiolóxica demande.

A Xunta de Galicia quere agradecer de antemán aos membros deste equipo de traballo multidisciplinar o seu compromiso co ensino nesta situación excepcional no que o contexto sanitaria impón a constante actualización de decisións e protocolos de actuación. Sacar adiante o curso 2020/2021 con éxito e seguridade sanitaria é un reto de país, no que todos os integrantes da comunidade educativa levan meses traballando, e para o que é necesaria a unión de forzas dos axentes implicados.

A maiores do conselleiro e os restantes representantes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (secretario xeral técnico, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do sistema educativo, subdirector xeral de Recursos Humanos, xefa de servizo encargada dos aspectos relativos á Organización Académica e Programas, xefes territoriais e inspectores xefes das catro provincias, xefa de servizo encargada da Protección de datos, unha persoa responsable de servizos educativos complementarios, o director do Centro Autonómico de Formación e Innovación, o xefe de área de solucións tecnolóxicas sectoriais de Amtega e unha persoa responsable da Secretaría do Comité), os membros do Comité Educativo de Persoas Expertas serán os seguintes:

En representación dos equipos directivos dos centros educativos formarán parte Manuel Portas (IES Xelmírez II, de Santiago), Marta Castro (CEIP Paradai, de Lugo), Alberto Silva (Centro de Educación Especial Duques de Lugo, de Santiago), Enrique Pazo (CIFP Ferrolterra, de Ferrol), Eva López Tarrío (IES Valadares, de Vigo), María Fernández (Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra), Valentín García (CPR María Inmaculada, de Verín) e Francisco Gago (Centro Público Integrado Plurilingüe Laureano Prieto, da Gudiña).

En representación dos departamentos de orientación participará Yolanda Barallobre (IES Poeta Díaz Castro), mentres que Mª Victoria Fernández Mosquera representará os Equipos de Orientación Específicos (forma parte do EOE da Coruña); e Manuel Peralbo (Universidade da Coruña) será a persoa especialista no ámbito da psicoloxía educativa.

As catro persoas coa condición de persoal sanitario especializado son Juan Gestal (catedrático de Medicina Preventiva da Universidade de Santiago de Compostela), Luis Sánchez (pediatra no Centro de Saúde de Vite -Val do Dubra-, en Santiago), Pedro Rascado Sedes (especialista de UCI do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago) e Jorge Aboal Viñas (director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde).

Pedro Armas será o representante da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), e Xosé Viñas (IES David Buján, de Cambre) e Mª Jesús Casado (IES Daviña Rey, de Monforte de Lemos) serán os dous docentes especialistas en prácticas de innovación educativa, educación virtual e uso de recursos dixitais.

O Comité Educativo complétase con tres persoas de recoñecido prestixio: Ubaldo Rueda (exdirector do IES Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela), Ángel Carracedo (catedrático de Medicina Legal da USC) e Vicente Docasar (catedrático de Francés no IES Daviña Rey Monforte e exvoceiro de Educación no Parlamento de Galicia polo PSdG).

Información xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Categorías: Noticias edu.xunta

A Xunta pon en marcha a plataforma Educovid para facilitar e axilizar a xestión de casos vinculados a centros educativos

Sáb, 2020-09-19 12:48

Summary: 

Conecta telematicamente a Central de Seguimento de Contactos cos colexios, informando de positivos aos equipos covid dos centros e da activación do protocolo sanitario Facilitará a identificación dos grupos de convivencia escolar dun positivo e a comunicación online a Sanidade dos contactos estreitos para axilizar as tarefas de rastrexo Os equipos covid dos centros de toda Galicia participaron onte nun webinario sobre os protocolos a seguir Idioma Gallego

A plataforma Educovid, deseñada pola Xunta de Galicia como canle de comunicación interna entre os centros escolares e a administración sanitaria para a xestión de casos no eido escolar, está xa plenamente operativa, logo da sesión informativa e formativa para equipos covid dos centros escolares, que tivo lugar onte, na que interviñeron técnicos das consellerías de Educación e de Sanidade, así como da Amtega.

A plataforma telemática Educovid, -tal como establece o Protocolo de inicio de curso- é unha ferramenta que se pon a disposición dos centros escolares para facilitar e axilizar a xestión de casos da covid-19 vinculados á comunidade educativa. É, por tanto, unha canle telemática de comunicación entre os centros educativos e a Central de Seguimento de Contactos (CSC) que permite xerar alertas de positivos e activar o protocolo sanitario. Toda a información rexistrada nesta plataforma será accesible para o persoal sanitario determinado pola administración sanitaria, e estará disposición da CSC para que poidan tomar as decisións que correspondan para cada caso e realizar rastrexos.

No día de onte, representantes das Consellerías de Cultura, Educación Universidade, de Sanidade e da Amtega participaron nun webinario para informar aos equipos covid dos centros educativos de toda Galicia sobre os protocolos de actuación e o uso da aplicación ante confirmación de positivos entre alumnos ou profesores. En concreto, aos integrantes dos equipos covid dos centros proporcionóuselles instrucións precisas sobre a información que deben cargar na plataforma, así como sobre a normativa de protección de datos que se debe cumprir no que atinxe aos fluxos de información.

Cómpre lembrar que cada centro educativo conta cun equipo covid (que suman arredor dunhas 4.000 persoas en toda Galicia), que actúa como referente para o resto do persoal, profesorado, alumnado e familias en todos os asuntos relacionados coa pandemia; e é tamén o enlace entre o centro e a administración sanitaria.

Funcionamento de EduCovid

Cando un profesional ou alumno resulte positivo nunha proba PCR, os técnicos da Central de Seguimento de Contactos accederán a EduCovid, onde poden buscar o centro educativo ao que pertencen e rexistrar unha solicitude dos contactos próximos dese positivo.

Os membros do equipo covid do centro educativo, que previamente se rexistraron na aplicación, reciben o aviso nos seus dispositivos móbiles, visualizan ese expediente de petición de contactos do alumno ou profesor e acceden aos grupos de convivencia que suxire o sistema (alumnos e profesores do mesmo grupo, alumnado e persoas que comparten comedor, alumnado e persoas que comparten transporte...).

A partir de aí o centro educativo seguirá as instrucións da CSC e engadirá ou eliminará contactos desas listaxes. Unha vez finalizado ese proceso, o sistema remite a información dos contactos solicitados aos técnicos da Central de Seguimento de Casos que contactan con eles e adoptan as medidas sanitarias oportunas.

Información xeral Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas Consellería de Cultura, Educación e Universidade Centros
Categorías: Noticias edu.xunta

Máis de 150.000 estudantes de ESO, bacharelato e de ensinanzas de réxime especial comezarán o curso 2020/21 a partir do vindeiro mércores

Ven, 2020-09-18 12:20

Summary: 

Esta cifra non inclúe a Formación Profesional, etapa na que a matriculación continúa aberta A volta ás clases realízase de xeito gradual segundo os cursos por mor da pandemia da covid-19 Aínda que o alumnado é practicamente o mesmo ca o curso pasado, a Consellería incorpora este ano 1.107 profesores máis para estas etapas, reforzando as medidas para garantir a seguridade sanitaria e a calidade educativa nos centros Vén de publicarse a orde de instrucións sobre o comezo do curso nestas etapas, que recolle as últimas decisións acordadas, como a opción da semipresencialidade, entre outras Idioma Gallego

Un total de 150.141 estudantes comezarán a partir do vindeiro 23 de setembro –de xeito gradual por mor da pandemia da covid-19– as clases na educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato e ensinanzas de réxime especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas), segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Cómpre lembrar que as cifras de matriculación son moi similares as do curso 2019/2020 e non serán definitivas ata dentro dunhas semanas, dado que aínda nos últimos días se realizaron exames de recuperación en secundaria. Ademais, esta cifra non inclúe os datos de matriculación en Formación Profesional, ensinanzas nas que aínda é posible matricularse.

A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a Orde pola que se ditan instrucións sobre o comezo do curso académico 2020/2021, a través das que se dota de seguridade xurídica e aval sanitario ás últimas decisións tomadas neste eido, principalmente o adiamento do inicio do curso en Secundaria, a opción da semipresencialidade e o uso de mamparas en espazos concretos. Cómpre lembrar que todas estas medidas foron acordadas tras a reunión conxunta da Conferencia Sectorial de Educación e do Consejo Interritorial del Sistema Nacional de Salud (o pasado 27 de agosto), da reunión do Consello Escolar de Galicia (o 9 de setembro) e do encontro coa Xunta Autonómica de Directores, os representantes dos centros de Secundaria e os xefes da Inspección educativa nas catro provincias (o pasado 11 de setembro).

Calendario

No que atinxe ás datas concretas do regreso gradual ás aulas, o 23 de setembro volverán os alumnos de 1º e 2º de ESO e os de 1º de Bacharelato, 1º de FP de grao medio e 1º de FP de grao superior e as ensinanzas básicas de educación para persoas adultas polas modalidades presencial e a distancia. O día 24 de setembro farano os de 3º de ESO, de 2º de Bacharelato, 2º de FP de grao medio e 2º de FP de grao superior. Finalmente, o día 25 incorporarase o alumnado de 4º de ESO, e todos os cursos de FP Básica.

No caso das ensinanzas de réxime especial, o alumnado das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño e das deportivas incorporarase nas mesmas datas establecidas para os estudantes de FP. O alumnado das demais ensinanzas de réxime especial incorporarase a partir do 23 de setembro de acordo cos calendarios de organización e funcionamento dos centros.

Contratación de profesorado

Malia manter practicamente o mesmo número de alumnado, o curso comeza coa incorporación de arredor de 2.000 novos profesores ao sistema de ensino público, o que supón un incremento do 6,2% sobre a plantilla total de profesorado para este curso.

Dos preto de 2.000 novos profesores, 1.107 serán para as etapas de ESO, Bacharelato e Formación Profesional (847 para reforzar as medidas de seguridade contra a covid e 260 que se incorporan para atender o incremento de oferta); 240 son para Infantil e Primaria (que xa están contratados e traballando nos centros) e 543 son novos docentes de apoio a través do programa ARCO de reforzo educativo (221 para Primaria e 322 para Secundaria).

Outras medidas

Cómpre lembrar que, a maiores do reforzo do profesorado, a principal para garantir a seguridade sanitaria e a calidade educativa nos centros, a Xunta de Galicia tomou outras adicionais para facilitar a xestión e organización do inicio do curso nos centros de Secundaria, tales como o devandito adiamento nunha semana do comezo do inicio das clases, a opción de solicitar a semipresencialidade para Bacharelato e FP o incremento das accións formativas dirixidas a profesorado e alumnado en materia hixiénico sanitaria, ou a posibilidade de instalación de mamparas protectoras en aulas e talleres, todas elas recollidas na Orde publicada no DOG, e que previamente tiñan sido avaliadas e aprobadas polo Comité Clínico.

Neste sentido, a orde indica que, de non ser posible manter a distancia de seguridade indicada para estas etapas, (e non puidesen atoparse outras solucións como a retirada de material ou o uso doutras aulas máis amplas), previa autorización da inspección educativa, poderá optarse por opcións como o desdobre do grupo de alumnos (xa realizado nas últimas semanas), a instalación de mamparas ou separacións que garantan a protección individual do alumnado ou os desdobres do grupo de alumnos, ou a semipresencialidade rotatoria (agás na ESO). Tamén se especifica que nos talleres de formación profesional e ensinanzas de réxime especial, cando proceda, se adoptarán medidas de seguridade usando pantallas de protección facial.

No referido á semipresencialidade, a orde indica que a actividade lectiva será presencial con carácter xeral para todos os niveis e etapas do sistema educativo, con prioridade para o alumnado de menor idade e que, excepcionalmente, poderán impartirse semipresencialmente as ensinanzas de bacharelato, formación profesional, así como as ensinanzas de réxime especial.

Ademais, a orde recolle a realización de accións formativas para o profesorado, tanto no relativo ás ferramentas tecnolóxicas para docentes como ás ferramentas institucionais para o ensino mixto.

ESO

Segundo as estimacións e datos provisionais da Xunta de Galicia, 94.664 alumnos e alumnas comezarán o curso en ESO, o que supón un 1,5 % máis ca no curso 2019/20.

Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:

 

Centros públicos

Centros concertados

Centros privados

A Coruña

28.354 alumnos

10.185 alumnos

975 alumnos

Lugo

7.138 alumnos

2.013 alumnos

268 alumnos

Ourense

5.659 alumnos

3.194 alumnos

144 alumnos

Pontevedra

25.073 alumnos

10.664 alumnos

997 alumnos

Total

66.224 alumnos

26.056 alumnos

2.384 alumnos

 

Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español incrementouse case un 9% respecto do curso anterior:

 

2019/20

2020/21

A Coruña

1.292 alumnos

1.407 alumnos

Lugo

531 alumnos

578 alumnos

Ourense

424 alumnos

462 alumnos

Pontevedra

1.123 alumnos

1.223 alumnos

Total

3.370 alumnos

3.670 alumnos

 

Bacharelato ordinario

Por outra banda os mesmos datos provisionais que manexa a Consellería, indican que 31.371 alumnos e alumnas comezarán o luns as clases de bacharelato ordinario en Galicia, o que supón que a cifra se mantén case invariable respecto do curso 2019/20.

 

Centros públicos

Centros privados

A Coruña

10.739 alumnos

2.629 alumnos

Lugo

2.869 alumnos

294 alumnos

Ourense

2.334 alumnos

562 alumnos

Pontevedra

10.086 alumnos

1.858 alumnos

Total

26.028 alumnos

5.343 alumnos

 

No caso do bacharelato ordinario o número de alumnos e alumnas sen nacionalidade española incrementouse nun 6,3%:

 

2019/20

2020/21

A Coruña

289 alumnos

307 alumnos

Lugo

89 alumnos

95 alumnos

Ourense

64 alumnos

68 alumnos

Pontevedra

251 alumnos

267 alumnos

Total

693 alumnos

737 alumnos

 

Ensinanzas de adultos

No que atinxe ás ensinanzas de réxime especial, en concreto no referido ás básicas, de secundaria e bacharelato para adultos e ao bacharelato semipresencial ou a distancia, segundo os datos provisionais o descenso do alumnado, ata os 11.378 estudantes, é do 7% respecto do curso 2019/20.

A distribución por provincias e ensinanzas no curso 2019/20 é a seguinte:

 

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Total

Ensinanzas básicas nivel I

211 alumnos

211 alumnos

28 alumnos

191 alumnos

641 alumnos

Ensinanzas básicas nivel II

218 alumnos

30 alumnos

24 alumnos

162 alumnos

434 alumnos

Ed. Secundaria adultos niveis I e II

2.030 alumnos

512 alumnos

511 alumnos

1.830 alumnos

4.883 alumnos

Bacharelato presencial

529 alumnos

47 alumnos

110 alumnos

444 alumnos

1.130 alumnos

Bacharelato semipresencial/distancia

1.584 alumnos

317 alumnos

200 alumnos

555 alumnos

2.656 alumnos

Ensinanzas non regradas

201 alumnos

355 alumnos

370 alumnos

708 alumnos

1.634 alumnos

 

Ensinanzas artísticas e deportivas

Pola súa banda, o número total de estudantes nas ensinanzas artísticas acada este curso os 10.488, un 1,7% menos ca no curso anterior.

En concreto, nas ensinanzas regradas de música, segundo as estimacións da Consellería, o número de alumnos será de 8.367, un 2,4 % menos ca no ano académico 2019/20:

 

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Total

Conservatorios de música e Centros autorizados de música

3.428 alumnos

1.058 alumnos

955 alumnos

2.926 alumnos

8.367 alumnos

 

No caso das ensinanzas regradas de danza o número de matriculados é de 349, un 3% menos ca no curso 2019/20; mentres que nas de arte dramática haberá 173 alumnas e alumnos, un 3% máis ca no ano académico anterior.

Pola súa banda o alumnado matriculado en ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño aumenta case un 1%, con 727 estudantes. No caso dos estudos superiores de deseño haberá 795 matriculados, un 4% máis ca no curso anterior; mentres que nos estudos superiores de conservación e restauración de bens culturais haberá 77 alumnos, 8 menos ca no 2019/20.

Finalmente, nas ensinanzas deportivas o incremento de alumnado é de case o 8%, acadando os 2.240 alumnos.

Formación Profesional

No caso da Formación Profesional a Consellería está aínda a pechar os datos de matriculación. Aínda así, a previsión inicial realizada polo departamento educativo da Xunta de Galicia é que -contando tanto os ciclos formativos en réxime ordinario e modular como a FP a distancia, a FP Dual e a nova FP Básica- o número de alumnas e alumnos sexa de arredor de 56.000, o que suporía un crecemento do 5% respecto do curso 2019/20.

Centros escolares

Os centros (públicos, concertados e privados) que imparten as devanditas ensinanzas quedan distribuídos do seguinte xeito:

 

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Galicia

Educa. Primaria e Secundaria (1)

54

25

21

64

164

C. de ESO

17

3

2

16

38

C. de ESO e ensinanzas postobrigatorias

83

35

25

70

213

C. de ensinanzas postobrigatorias

43

11

12

33

99

C. de primaria, ESO e ensinanzas postobrigatorias (1)

33

4

7

26

70

C. de adultos (2)

3

2

2

3

10

TOTAIS

233

80

69

212

594

 

  1. Inclúense os centros que imparten tamén o segundo ciclo de educación infantil.

  2. Inclúense nesta categoría os centros que imparten exclusivamente ensinanzas de adultos

Información xeral Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas Consellería de Cultura, Educación e Universidade Profesorado Alumnado Familias Centros
Categorías: Noticias edu.xunta

Publicación da Resolución definitiva de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal de corpos docentes de secundaria para o curso académico 2020/21

Ven, 2020-09-18 11:14
Idioma Gallego

Publicación da Resolución definitiva de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal de corpos docentes de secundaria para o curso académico 2020/21. De acordo co establecido no punto oitavo da Resolución do 17 de xuño de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia nº 127, do 29 de xuño), publícase a resolución definitiva de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal docente dos corpos de secundaria para o curso académico 2020/21.

 

Anuncio principal: 

Adxudicación de destino provisional para o curso académico 2020/2021, entre o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, ..., que non teñan destino definitivo ou que sexan desprazados por falta de horario, reingresados,interinos,substitutos...

Tema: 

Programas e plans Destinos provisionais e outros concursos

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Noticias edu.xunta

Publicación da Orde do 16 de setembro de 2020 pola que se ditan instrucións sobre o comezo do curso académico 2020/21 e pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21

Xov, 2020-09-17 08:32
Idioma Gallego

Xúntase a Orde do 16 de setembro de 2020 pola que se ditan instrucións sobre o comezo do curso académico 2020/21 e pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

File: 

Orde do 16 de setembro de 2020 (DOG)

Tema: 

Programas e plans Calendario escolar

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas

Departamento: 

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Familias Centros

Sección: 

Boletín
Categorías: Noticias edu.xunta

Román Rodríguez analiza cos reitores das tres universidades os preparativos de cara ao inicio de curso

Mér, 2020-09-16 23:00
Idioma Gallego

Summary: 

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade mantén un encontro con Antonio López (USC), Manuel Reigosa (UVigo) e Julio Abalde (UDC) No marco da xuntanza trasladoulles que a Xunta prorrogará o Plan de financiación universitaria ao próximo ano 2021 Avanzou a próxima aprobación do convenio polo que o Goberno galego achegará 3M€ de fondos propios para afrontar os gastos derivados da volta ás aulas Lembrou que Galicia está pendente de recibir os fondos estatais de educación para a loita contra a covid

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, mantivo hoxe a primeira xuntanza desde que accedeu ao cargo co reitor Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, o da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, e a Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde; un encontro no que analizaron os preparativos de cara o inicio de curso no ensino superior, que terá lugar o próximo 21 de setembro.

Durante a reunión na que tamén participou o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, o conselleiro trasladoulles que a Xunta prorrogará o Plan de financiación universitaria 2016-2020 ao ano 2021, tal e como se preveu na última Lei de Orzamentos de Galicia. Ademais, Román Rodríguez gabou o esforzo destas institucións de cara a permitir que a próxima volta ás aulas se poida levar a cabo coas maiores garantías académicas y sanitarias. Precisamente, avanzou a próxima aprobación do convenio polo que o Goberno galego achegará 3 millóns de euros de fondos propios para afrontar os gastos derivados do inicio do curso.

O conselleiro detallou que cada unha das tres institucións académicas recibirá unha parte fixa e outra variable que se dividirá en función do indicador do coste estándar co que se reparte o fondo estrutural do Plan de Financiamento. Será cada universidade a que decida como asignar estes fondos, en función das súas necesidades, se ben o uso dos mesmos deberá centrarse nos custos derivados da implementación de medidas sanitarias, formación, equipamento do persoal, mellora tecnolóxica das instalacións docentes, actualizacións e ampliación das infraestruturas de soporte á docencia, actuacións sobre a fenda dixital ou apoio á accións a prol da docencia mixta.

Por outra banda, Román Rodríguez informou aos reitores de que Galicia está aínda pendente de recibir os fondos comprometidos polo Goberno central para a loita contra a covid no eido educativo. Neste sentido, o conselleiro explicou que en canto se reciban os cartos, a Xunta estudará o reparto das mesmas coas universidades. A tal efecto, a vindeira semana terá lugar unha xuntanza de traballo cos xerentes e vicerreitores económicos das tres universidades.

Colaboración e traballo conxunto

O responsable de Educación e Universidade subliñou a importancia da colaboración e o traballo conxunto de cara a este “inédito” inicio de curso. Neste sentido, puxo en valor a colaboración do Goberno galego e estas institucións na elaboración das Instrucións da Secretaría Xeral de Universidades do 30 de xuño de 2020 de previsión de medidas de adaptación das universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) para o curso 2020/2021, que establecen os requisitos mínimos para garantir a calidade da docencia no próximo ano académico.

En base ás mesmas, a guía docente de cada unha das materias incluídas no plano de dunha titulación oficial de grao ou máster universitario que se imparta no SUG inclúe un apartado denominado plan de continxencia. Nel establécense as medidas de adaptación aos distintos escenarios previstos, tanto das metodoloxías docentes como dos sistemas de avaliación, cuxo cumprimento está a comprobarse por parte da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG). Ademais, cada universidade elaborou un plan xeral de prevención e control sanitario para a institución, con medidas adaptadas a cada un dos centros, dada a heteroxeneidade dos espazos e das actividades docentes que neles se desenvolven.

Información xeral Universidade Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Categorías: Noticias edu.xunta

Convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en formación profesional, para o curso 2020/21

Mar, 2020-09-15 08:16
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 28 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en formación profesional, na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020/21.

  • O prazo de presentación das solicitudes dará comezo o día seguinte ao da súa publicación e terán quince (15) días hábiles de prazo de solicitude, no que se pechará a aplicación Xade, non podendo a partir desta data introducir máis centros e persoas titoras e coordinadoras nela.

File: 

Resolución do 28 de agosto de 2020 (DOG)

Tema: 

Máster

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Servizo de Formación do Profesorado

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Noticias edu.xunta

Nota informativa sobre os efectos do adiamento da resolución definitiva da adxudicación de destinos provisionais para o curso 2020-2021 nos nomeamentos en vigor do persoal interino

Lun, 2020-09-14 17:51
Idioma Gallego

Con motivo do adiamento do inicio do curso académico nas ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas especiais, cómpre informar que, tal e como se establece no artigo 41 da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destinos provisionais (Diario Oficial de Galicia núm. 113 do 14 de xuño), nas especialidades das cales se imparte docencia en educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou escolas oficiais de idiomas, non poderá haber interrupción de servizos no persoal docente interino que sexa nomeado persoal docente interino desde o inicio do curso inmediatamente seguinte.

Polo tanto o persoal interino con nomeamento en vigor que remate este nomeamento o día 15 de setembro de 2020 e obteña un destino na adxudicación definitiva de destinos provisionais, os efectos do novo nomeamento serán desde o 16 de setembro de 2020 ata o 15 de setembro de 2021.

Tema: 

Información xeral Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Noticias edu.xunta

Publicadas as listaxes coas puntuacións definitivas das persoas admitidas, excluídas, adxudicatarias para as prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2020/21

Lun, 2020-09-14 13:03
Idioma Gallego

Resolución do 14 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a listaxe coas puntuacións definitivas das persoas admitidas, excluídas, adxudicatarias e, de ser o caso, suplentes, de acordo co previsto nos artigos 5.2 e 33 da Orde do 29 de maio de 2020 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2020/21 (DOG núm. 111, do 9 de xuño), nos seguintes termos:

1. A Resolución do 28 de agosto de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publicou o número de prazas ofertadas e as listaxes coas puntuacións provisionais das persoas solicitantes admitidas, concretou o número provisional de prazas vacantes ofertadas, que se ven ampliadas a través desta resolución.

2. En consecuencia publícanse as listaxes coas puntuacións definitivas das persoas admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por orde descendente; a relación definitiva de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión; así mesmo, a relación de persoas adxudicatarias con indicación do centro docente no que están matriculadas e, de ser o caso, a relación de suplentes.

As persoas solicitantes poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución na páxina web da consellería competente en materia de educación e nos taboleiros de anuncios e/ou páxinas web dos centros residenciais.

  • Prazo para interpoñer recurso de alzada: 1 mes (entre os días 14 de setembro e 14 de outubro de 2020), ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Anuncio principal: 

Convocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2020/2021

Tema: 

Bolsas

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Centros

Colectivo: 

Alumnado Familias Centros
Categorías: Noticias edu.xunta