Educación Física
Ruta en bicicleta do 20 de Xuño 2018
Enviado por oscar.gopa o Xov, 10/05/2018 - 04:33Como sabedes o próximo mércores 20 de Xuño faremos unha ruta en bici de montaña polos arredores do insti. A ruta será de 37 km máis ou menos. É posible que se reduza a un total de 27km ou así dependendo de varios factores que estamos a estudar.
Vaise distribuir un papel por clase para que vos anotedes e así ter unha idea de canta xente está disposta a facela.
Teremos varios puntos nos cales faremos paradas longas para descansar, beber, comer algo e incluso facer algunha outra actividade.
Se queredes ver a ruta tedes que pinchar neste enlace e descargar o arquivo e abrilo con google earth ou calquera outro programa ou app que lea arquivos kmz.
Se tedes algunha pregunta ou curiosidade preguntade a Oscar.
Anxo Fernández apoiando o incrible traballo do alumnado do IES Rosalía
Enviado por ana.mariacalvo o Ven, 01/04/2016 - 06:36Se o queres comprobar pincha aquí:
Xa somos famosos en Cangas e arredores!!!!!!!!
Enviado por oscar.gopa o Mér, 15/05/2013 - 11:32Tedes o enlace ao artigo aquí.
O IES Maruxa Mallo e Luchi presentes no Facebook do Balonmán Cangas
Enviado por oscar.gopa o Lun, 13/05/2013 - 11:11Podedes ver o famosos que somos aquí
Ídelle dando as grazas a Anxo.
Balonmán en Cangas cos alumnos de 2º ESO
Enviado por oscar.gopa o Lun, 13/05/2013 - 06:47
O Sábado 11/05/2013 @s alumn@s de 2º curso asistiron, invitados polo equipo de Balonmán "Frigoríficos do Morrazo" de Cangas ao partido que lles enfrentou co "Alser Porto Sagunto" no Pavillón do " Gatañal" en Cangas, pertencente á antepenúltima xornada da liga ASOBAL.
Agradecer a toda a directiva e xogadores do Cangas Balonmán pola excelente acollida antes, durante e despois do partido.
Minutos antes do pitido inicial do árbitro, o veterano capitán do "Cangas" Fernando Eijo, fíxolle entrega a Luchi,en representación de todo o alumnado, dunha camisola asinada por todos os xogadores do equipo para que colguemos no noso ROCHO DAS CAMISOLAS do noso instituto..
Moitas grazas a todo@s por participar nesta actividade
... LUCHI ESTIVO CON LEO MESSI e o resto da plantilla do Barça o sábado 30 de Marzo en Vigo!
Enviado por oscar.gopa o Mar, 09/04/2013 - 07:07O triatleta santiagués Antón Ruanova no noso IES
Enviado por ana.mariacalvo o Mér, 03/04/2013 - 17:28Fotos dese encontro.
Este traballo que, durante tres meses realizaron as oito alumnas de 2º da ESO que aparecen na imaxe, culminou nun encontro deste deportista con todo o alumnado de 2º da ESO (atentos e atentas durante dúas horas a todo o que Antón lles contaba).
Foi o día 21 de marzo cando se levou a cabo esta entrevista. Preparouse unha presentación en ppt para reproducir imaxes, vídeos, unha mensaxe do seu compañeiro Alberto, vídeos coas palabras da nai do protagonista, etc. Todo para conseguir o obxectivo inicial: sorprender e emocionar. Non foi difícil porque Ruanova estivo cercano e moi receptivo en todo momento.
De novo, GRAZAS ANTÓN!
Ruta ao aquapark de Cerceda para alumnos de 4ºC
Enviado por oscar.gopa o Mar, 05/07/2011 - 05:15Arriondas Xuño 2011
Enviado por oscar.gopa o Mar, 14/06/2011 - 19:57Ruta ao aquapark de Cerceda para alumnos de 4ºC
Enviado por oscar.gopa o Mér, 08/06/2011 - 09:54Se descargas o arquivo adxunto e o abres co google earth verás a ruta que faremos o próximo día 23 nas bicis.
Estudiade os cruces.
Actividades de multiaventura no Miño
Enviado por oscar.gopa o Dom, 13/02/2011 - 07:44Podedes visitar o blog dos organizadores neste dirección:
Course navette
Enviado por oscar.gopa o Ven, 19/11/2010 - 08:24Podes descargar o audio da Course Navette en formato mp3 neste enlace
Ruta polo Camiño Inglés: De Cabeza de Lobo ata Sigüeiro
Enviado por oscar.gopa o Xov, 03/06/2010 - 14:06
Como xa saberedes o próximo día 21 de Xuño faremos unha saída de sendeirismo polo Camiño Inglés a Santiago de Compostela, a ruta será dende Cabeza de Lobo ata Sigüeiro, serán aproximadamente uns 20km, ou o que o mesmo unhas 5 horas indo amodiño.
Faremos a saída do instituto ás 9:15 da mañá en autobús ata o lugar de inicio da ruta, e voltaremos sobre ás 14:30 tamén en autobús dende Sigüeiro.
É recomendable que levedes o seguinte para non ter ningún tipo de problema.
Calzado cómodo para andar.
Gafas de sol.
Crema protectora para o sol.
Unha pequena mochila, que podedes compartir con auga e algo para comer, algunha barriña enerxética ou algo polo estilo.
Cámara de fotos, para logo expoñelas na web.
Se tedes na casa podedes levar protectores para ás ampollas dos pes, sobre todo a xente que non esté afeita a andar.
Moitas ganas de andar.
Podedes ver a ruta con máis detalle en google earth neste arquivo. Para ver o arquivo correctamente pinchade co botón dereito do rato e gardádeo no voso disco duro, logo abrídeo con Google Earth e veredes a ruta, poderedes facer zoom etc.
Fotos das actividades do departamento
Enviado por oscar.gopa o Lun, 21/09/2009 - 08:08Podedes ver as fotos antigas e novas das actividades do departamento neste enlace