O triatleta santiagués Antón Ruanova no noso IES
Enviado por ana.mariacalvo o Mér, 03/04/2013 - 17:28
Fotos dese encontro.
Este traballo que, durante tres meses realizaron as oito alumnas de 2º da ESO que aparecen na imaxe, culminou nun encontro deste deportista con todo o alumnado de 2º da ESO (atentos e atentas durante dúas horas a todo o que Antón lles contaba).
Foi o día 21 de marzo cando se levou a cabo esta entrevista. Preparouse unha presentación en ppt para reproducir imaxes, vídeos, unha mensaxe do seu compañeiro Alberto, vídeos coas palabras da nai do protagonista, etc. Todo para conseguir o obxectivo inicial: sorprender e emocionar. Non foi difícil porque Ruanova estivo cercano e moi receptivo en todo momento.
De novo, GRAZAS ANTÓN!
»