CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “FOTOS DA AUGA”
O IES Martaguisela invítavos a participar no concurso “FOTOS DA AUGA” no que se premirán as tres fotografías que mellor representen o tema do proxecto Comenius “Water in our lives; Before the Well is Empty”.
O obxectivo deste concurso é incentivar a participación neste espazo cuxo fin é desvelar o mundo da auga, facer evidente a relación da auga coa nosa vida cotiá e amosar os lugares do coñecemento no seu contexto espacial. Trátase de conseguir aumentar o interese por este ben que nos rodea facendo partícipes a todos: “proporcionar imaxes que poidan ser usadas por calquera en calquera lugar e para calquera fin”.
Condicións
As fotografías a concurso estarán suxeitas ás condicións de participación, licenzas, uso e contidos que se establecen para todas as fotografías que deberán ser presentadas en papel fotográfico e en soporte informático.
Comité de organización e Xurado
O Comité organizador estará formado por un representante da Dirección do IES Martaguisela, un representante do Instituto polaco, por un alumno do noso centro e un alumno polaco.
Fotografías premiadas
Ao finalizar o concurso o Xurado seleccionará tres fotografías segundo os criterios de calidade técnica e artística. Cada unha das fotografías seleccionadas recibirá un premio.
En caso de empate na votación popular correspondente, a organización do concurso ditará o resultado final.