O alumnado de 2º ESO A despois de elaborar un xogo de cartas coa Plataforma dixital Hearthcards gravou un vídeo co seguinte texto:
- VALENTÍN Ei,........ Imos xogar ás cartas no recreo. Vides xogar? A profesora deunos unha baralla nova . Di que non é a típica baralla!
- AINARA Si, imos ver que se lle ocorreu outra vez á profesora! (Comezan a barallar e distribuír as cartas...)
- JAVIER CARTA 1: Un cigarro! O meu curmán maior deumo a probar o outro dia. Di que é de xente xenial. Ademais moita xente fuma e non pasa nada. Se fora malo, non o venderían, non si?
- VALENTÍN CARTA 2: TOSE SECA. Si, o meu curmán tamén tuse pola mañá, pero di que é pola alerxia. Non é nada...
- SAMANTHA CARTA 3 . MAL CHEIRO A verdade é que non me gustaría bicar a un rapaz con sabor a cinceiro, uf!
- AINARA CARTA 4: ENFERMIDADE CARDIACA Enfermidade cardíaca....Pero o tabaco tamén pode causar iso?
- VALENTÍN: Pero esta baralla só ten cartas MALAS!
- JAVIER: Mais de seguro ten que haber algunha carta boa nesta baralla! (Saen dúas cartas : deporte e practicar exercicio). Iso está mellor!
- VALENTÍN Entón se o tabaco afecta ao cerebro e ao corazón, non entendo por que a xente fuma. Gastas diñeiro e por enriba quedas sen saúde....
TODOS conclúen: SE XOGAS CO TABACO, TES TODAS AS PAPELETAS PARA QUE CHE TOQUEN MALAS CARTAS