O pasado mércores, día 21 de xuño, tivo lugar a cerimonia de graduación do alumnado de 4º ESO.
Con esta celebración péchase un capítulo na vida educativa do alumnado, verdadeiro protagonista desta xornada.
Khadija Abettoy e Alberto Vázquez, representantes de 4º ESO B e A respectivamente, foron os presentadores e fío condutor do acto.
Ademais, dous alumnos/-as representantes de cada un dos grupos (Nerea Jiménez e Marta Blanco de 4º ESO B e Duarte Domínguez e Jairo Núñez de 4º ESO A) leron cadanseu discurso onde tiveron palabras agarimosas tanto para os seus compañeiros e compañeiras como para o profesorado e repartiron diferentes agasallos elaborados por elas e eles mesmos.
Por último, os titores de cada un dos grupos, Alberto Pungín e David Ramos, ademais de dirixirlles unhas palabras aos seus titorandos, entregáronlles un diploma como lembranza deste acto.
Grazas, tamén, a todo o profesorado que colaborou na montaxe do escenario.
Parabéns e moita sorte na vosa seguinte etapa educativa, ben sexa o Bacharelato ou a Formación Profesional!.
Deixámosvos máis fotografías da xornada e os vídeos do acto.