O alumnado de Psicoloxía de 2°BAC celebrou o Día da Saúde mental (10 outubro) elaborando carteis para concienciarnos e visibilizar as principais problemáticas de saúde mental e coñecelas máis a fondo.
Os diferentes temas traballados foron a depresión, a ansiedade, o suicidio, as adiccións, o autocoidado, a (falta de) atención sanitaria pública para saúde mental e as discriminacións sufridas por padecer algunha afección de tipo psicolóxico.
Deixámosvos algunhas fotografías dos seus traballos que foron expostos no corredor da porta principal do centro educativo.