A través da materia de Cultura clásica o alumnado de 3° ESO aprende a comprender o mundo actual a partir do descubrimento da historia, a forma de vivir e os valores da Antigüidade clásica, que constitúen un importantísimo referente da nosa sociedade actual. Deste xeito o alumnado unha vez estudada a arte clásica e as súas diferentes expresións elaborou mosaicos sobre os signos zodiacais. Isto deulles a oportunidade de coñecer como se adornaban as casas e edificios públicos, así como de interesarse pola mitoloxía, pintura e astronomía. Para isto elaboraron un padlet (taboleiro colaborativo) sobre a constelación, o mito do signo zodiacal e ademais buscaron cadros famosos referentes a ese mito. Por último, investigaron que personaxes famosos pertencen a ese signo.
PADLET 3° ESO A-B
https://padlet.com/anabeloz45/6bqdfemgmmd4j8zd
PADLET 3° ESO C
https://padlet.com/anabeloz45/5v5gwu06qped2k2v