Skip to Content

Actividade

Charla piragüismo

O luns 14 de outubro tivemos a sorte de contar no noso centro cos palistas lucenses Victor Devesa e Daniel Fernández. Estos palistas veñen de acadar o cuarto posto no mundial junior de maratón  celebrado este pasado verán na cidade de Metkovic, na especialidade de K-2 junior. Pola sua parte, Victor Devesa acadou o primeiro posto en dito mundial na especialidade de maratón, pero en categoría K-1.

Os palistas relataron como foi a sua evolución deportiva, dende os seus comezos ata chegar ó máximo nivel mundial en categoría junior, e como é posible compaximar os entrenos de alto rendemento coas tarefas académicas, xa que estes 2 rapaces cursaron 2º de bacharelato no noso centro. Estes deportistas deben de ser unha fonte de inspiración para os nosos alumnos, xa que mostraron como eles mismos, a través de unha cultura do esforzo e unha constancia no traballo, lograron os máis altos niveles de excelencia.

Álbum: Sen categoría -> Charla Piragüismo

Roteiro Ancares 2024

O pasado venres 4 de outubro, o alumnado de primeiro de bacharelato realizou unha viaxe ata os Ancares onde se levou a cabo un roteiro dende o porto Ancares ata o pico Cuiña, situado a 1997 metros de altitude.

En total foron 34 alumnos e alumnas os que puideron disfrutar de esta experiencia que nos permitiu ollar diferentes especies de flora e fauna que é característica destas zonas de montaña. E tamén realizar unha actividade de sendeirismo que consistiu nun percorrido de 7 km, que discorre pola cresta de ditas montañas. 

 

Álbum: Sen categoría -> Roteiro Ancares 2024

Eloy Santín

Esta semana tivemos a sorte de conta no noso centro co recoñecido alpinista Eloy Santín. Un referente no mundo da montaña na comunidade autónoma de Castilla León e tamén na nosa comunidade autónoma. 

Eloy Santín é oriundo de Vega de Valcarcel, dando os seus primeiros pasos no deporte da montaña na veciña Ponferrada. Dentro das súas fazañas máis importantes, destaca  que foi capaz de ascender as 430 montañas de máis de 2000 metros que hay dentro da comunidade autónoma de Castilla León.

Tamén posue amplia experiencia na ascención de montañas nos mazizos máis importates do nos planeta como son os Alpes, a cordilleira dos Andes e o Himalaya.

Na charla que puidemos disfrutar, Eloy Santín fixo un repaso a súa trayectoria, e sobre todo, as vivencias persoais vividas na montaña, sendo este deporte unha forma de vida. 

 

Álbum: Sen categoría -> Charla Montañismo

Padel

O luns 17 de xuño, 85 alumnos de terceiro e cuarto de Eso desplazaronse as instalación do complexo deportivo D10. 

A xornada divideuse en 3 actividades:

- Padel

- Tenis

- Adestramento funcional

Os alumnos viviron de primeira man un adestramento de iniciación ós deportes citados anteriormente, da man dos adestradores do centro deportivo. Finalizando cunha pequena competición por parexas de padel.

Álbum: Sen categoría -> Xornada Padel-Tenis

Surf

Os días 12 e 14 de xuño, os alumnos de 1º e 2º da ESO disfrutron dunha sesión de bautismo en surf na mariña lucense. Conretamente o mércores acudimos a praia de Abrela, e o venres acudimos a praia de Esteiro. 

A actividade estivo dirixida por www.viveirosurfescola.com.

Complementariamente a actividade de surf, levouse a cabo unha ruta de senderismo ata o mirador da Insua. Así mesmo, os alumnos tamén puideron desfrutar de xogos ó aire libre. 

Álbum: Sen categoría -> Bautismo Surf

Escalada

Os pasados 27 e 28 de maio os alumnos de primeiro e segundo da ESO puideron desfrutar dunhas sesións no medio natural. 

En primeiro lugar, os alumnos fixeron unha ruta de senderismo polas ribeiras do Miño. A continuación, realizaron unha sesión de escalada no rocodromo que se atopa no pazo de feiras e congrsos de Lugo. Xa para rematar a sesión, realizaronse xogos alternativos ó aire libre na contorna do pazo e feiras.

Álbum: Sen categoría -> Escalada
Distribuir contido


by Dr. Radut