Skip to Content

Actividade

Boxeo

Durante a presente semana, tivemos connosco os entrenadores do Boxing club Cidade de Lugo, mostrando o alumnando do noso centro a especialidade de boxeo Olímpico. Os nosos alumn@s puideiron coñecer e practicar de primeira man, as técnicas máis sinxelas de dito deporte.

Estas sesión encdranse dentro do proxeto que se leva a cabo dende o departamento de EF, polo que se queren mostrar diferentes deportes olímpicos a través dos clubes da nosa cidade.

 

Álbum: Sen categoría -> Boxing club Cidade de Lugo

Clube de Loita libre Olímpica

A semana do 6 ó 10 de novembro tivemos a sorte de contar cos entrenadores Pablo Pintos e Aarón no noso centro. Durante este periodo todos os alumnos do centro puideron disfrutar dunha sesión de iniciación a loita libre olimpica, que forma parte do programa olímpico dos vindeiros Xogos Olímpicos de París 2024. 

Queremos agradecer a predispoción e as facilidades dadas polo clube para a realización das sesións.

Álbum: Sen categoría -> Loita Libre Olímpica

Roteiro nos Ancares do alumnado de 1º Bacharelato

Saimos do Porto de Ancares (1.669 m.) e, dende aí, tomamos un carreiro que segue a cresta cara ao suroeste, a nosa esquerda, pasamos á beira dun pequeno refuxio e comezaremos a ascensión ao Campanario. Dende á cima do Campanario observaremos os restos de explotacións minerais, posiblemente de ferro, e un espectacular circo glaciar que forma o Lago Ferreira. Tras baixar o pico, alcanzamos un collado e, por un carreiro, seguiremos ata a base do Cuiña. Xa sen carreiro, subimos pola ladeira ata a mesma cumio á que chegaremos nunhas dúas horas.  Xa no cumio, repoñemos forzas durante unha hora e a partir de ahi comezamos o retorno o punto de encontro. 

Durante o percorrido as paisaxes son impresionantes, o mesmo que a flora e mesmo a fauna.

Álbum: Sen categoría -> Roteiro Ancares

Visita do Clube Dojo de Judo

Dentro do programa de promoción dos deportes olimpicos, o clube de judo Dojo, estivo durante a semana do 16 ó 20 de outubro impartindo sesións de iniciación con todos os alumnos do centro. Dende o departamento de Educación Física queremos agradecer a Alex e Aaroón o esforzo realizado por achegar este deporte ó alumnado do centro Lucus Augusti.

Álbum: Sen categoría -> Judo
Distribuir contido


by Dr. Radut