try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Novas

Novas relacionada co ensino

Publicación da Resolución de 12 de xuño de 2018 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se regula o bacharelato de excelencia en Ciencias e Teconoloxía (STEMbach) de xeito Experimental para o curso 2018/19

Finalidade Favorecer no alumnado o afondamento nas competencias matemáticas, ciencia e tecnoloxía mediante procedementos de investigación e metodoloxía científica. Realización de prácticas titorizadas por profesorado especialista coa colaboración da Universidade.
Duración  Dous anos académicos (1º e 2º de bacharelato)
Horario 1 materia de relacionada co ámbito (ciencias, tecnoloxía,enxeñería ou matemáticas) extracurricular cunha carga lectiva de 2 ou 3 horas semanais.
Proxecto Desenvolverase un proxecto de investigación relacionado coa materia en colaboración coa Universidade. A duración da titorización será de 20 horas (12 no 1º Bac + 8 no 2º Bac
Ratio Mínimo de 10 alumnos/as / Excepcionalmente 5 alumnos/as

A Consellería de educacuón ven de publicar o luns 14 de maio a convocatoria de axudas para alumnado que realiza a formación práctica en centros de traballo (FCT

1. O primeiro prazo, trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro de 2017 a marzo 2018 e nos períodos xaneiro a xuño, xaneiro a marzo e abril a xuño de 2018. Todo o alumnado deste prazo deberá rematar o período da FCT antes do 31 de agosto de 2018.

O alumnado ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro a decembro de 2018 e que anticipase o período de FCT non se acollerá a este primeiro prazo.

2. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2018, para o alumnado de ciclos formativos ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro a decembro de 2018. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2018. O alumnado que teña horario flexible con autorización da dirección xeral e remate despois do 31 de decembro de 2018 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.

 

Taxas

O MEC abre a posibilidade de que as matrículas universitarias poidan seren gratuitas. A pesares de que a Comunidade Galega conta coas taxas máis baratas de España, podería contemplarse a diminución do coste e mesmo a gratuidade. Fonte: "La Voz de Galicia"

Campus XuvenCienciaConvocatoria do VI Campus XuvenCiencia no que terá lugar do *2 ao 6 de xullo* dirixido ao alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC. O prazo de *preinscrición ábrese desde o vindeiro venres 27 de abril* ata o 6 de maio.  O obxectivo do Campus de Verán é poñer ao alumnado en contacto directo coas diversas ramas das ciencias experimentais e sociais e da tecnoloxía así como coa contorna universitaria.

 

Enlace a Información

Distribuir contido