try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Novas

Novas relacionada co ensino

A Cruz Vermella de Lugo acaba de actualizar a súa oferta formativa coa proposta de cursos que comezarán no mes de xuño de 2019.

Ligazón á web de formación

Xuvenciencia 2019

Convocatoria VII Campus de Verán Xuvenciencia. 

Obxectivo: Poñer en contacto directo ao alumnado coas diversas ramas das ciencias experimentais, sociais e da tecnoloxía, así como coa contorna universitaria.  

Alumnado: 4º ESO e 1º Bacharelato

Datas: 1 ao 5 de xullo / Prazo de preinscrición: 3 a 12 de maio

Prazas: 150

Matrícula: 160 euros

Ligazón web Xuvenciencia

Ligazón Preinscrición

Convocatoria axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek.

Dirixida a alumnado de 3º e 4º da ESO.

Nº prazas: 200

1ª Quenda: 3º ESO / 25 ao 31 de agosto / 100 prazas - 2º Quenda: 4º ESO / 1 ao 7 de setembro / 100 prazas

Lugar: CRD da Coruña (Centro Residencial Docente, O Burgo-Acea de Ama s/n, Culleredo)

Prazo: Ata 30 de maio

Ligazón á convocatoria

Ligazón solicitude (ED504G)

 

Conferencia sobre Bioxenética do Catedrático de Xenética da Facultade de Veterinaria da USC Paulino Martínez Portela.

A evolución e arquitectura dos xenomas e as súas aplicacións na xenética da conservación e mellora xenética.

Ferramentas de trazabilidade xenealóxica e xenómica en programas de selección.

Salón de Actos do IES Lucus Augusti 24 de abril de 2019 ás 17:00

#STEMbachLucus

Nanociencia

25/04/2019 11:30
25/04/2019 13:00
Etc/GMT+1

Luis Liz MarzánConferencia sobre "Nanociencia" de Luis Liz Marzán (Lugo, 1965), Catedrático de Química Física na Universidade de Vigo ata 2012, Premio Nacional "Enrique Moles" de Ciencia e Tecnoloxía Química do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Premio Nacional de Investigación 2018. Premio de investigación Humboldt, que concede a prestixiosa Fundación Alexander von Humboldt de Alemania; XX Premio DuPont da Ciencia; Premio Burdinola de Investigación; Premio da Real Socirdade Española de Química; ACS Nano Lectureship Award de la Sociedad Americana de Química.

Na actualidade profesor de investigación de Ikerbasque e director científico do Centro de Investigación Cooperativa en Biomateriales CIC biomaGUNE de San Sebastián.

Salón de Actos IES Lucus Augusti / xoves 25 de abril de 2019 ás 12:30 horas

Ligazón video

Presentación IES Lucus Augusti

 O vindeiro xoves 11 de abril de 2019 ás 19:30 o Salón de actos do IES Lucus Augusti acollerá a presentación dos libros:

"Historia de la guerra civil. Contada por dos hermanas": Carlota e Fernanda García do Real son as autoras deste libro. Dúas irmás na guerra civil, cada unha sorprendida nunha zona diferente. Ambas escribiron as súas experiencias do golpe de estado de xullo, da guerra de 1936-1939 e do impacto que causou nas súas vidas.

"Golpistas e verdugos de 1936": Como foron fusiladas autoridades civís, militares, policiais e administrativas sen que imaxinasen que ían ser executadas, porque esa posibilidade non formaba parte do seu mundo, nin da súa experiencia vital e política.

Participarán:

Ana Cabana Iglesia. Doutora en Historia Contemporánea

Lourenzo Fernández Prieto. Catedrático de Historia Contemporánea

Henrique Hervés Sayar. Profesor de Historia do IES Lucus Augusti

 

Distribuir contido