Ante a situación derivada da pandemia pola COVID-19, no presente ano académico as actividades presenciais organizadas plola USC a través do seu Porgrama A Ponte entre o Ensino Medio e a Universidade non se poderán realizar de xeito presencial polo que foi habilitado o portal "Encontros Virtuais" no que se proporciona información actualizada dos graos ofertados e do sistema de acceso (ABAU). 22 ao 26 de febreiro terán lugar os Encontros Virtuais da Universidade de Santiago de Compostela, dirixidos ás Orientadoras e Orientadores e Profesorado de Ensino Medio. Podendo conectarse a través de videoconferencia cos distintos centros para facer as consultas que se desexen. A web permanecerá aberta para toda a comunidade educativa.
|