Instituto Decano de Galicia
Membro da Orden Civil de Alfonso X el Sabio
Medalla de ouro do Concello de Lugo
Instituto Decano de Galicia
Membro da Orden Civil de Alfonso X el Sabio
Medalla de ouro do Concello de Lugo
O pasado mércores 9 de Febreiro, tivo lugar no salón de actos do noso IES a exposición e defensa dos proxectos de segundo de StemBach (promoción 2020 - 2022).
Os cinco proxectos, os cales foron expostos e defendidos ante as preguntas do tribunal con un nivel excepcional, foron os seguintes:
- Aplicaciones del pez cebra como modelo biológico en biomedicina.
O autor deste traballo foi Manuel Méndez Núñez, o cal estivo titorizado polo profesor do noso IES Xoan Carlos Rodríguez e polas profesoras da USC, María López Villar e Laura Sánchez Piñón.
O obxectivo deste proxecto foi comprobar a viabilidade do peixe cebra como modelo para estudar a enfermidade xenética de Niemann-Pick (NPC1), empregando para elo técnicas de biolóxia molecular como extracción de ADN, PCR e electroforese. Nunha segunda parte deste proxecto, realizouse un estudo de farmacotoxicidade do fármaco clonazepan para determinar as doses terapéuticas e a LC50 para combatir as crises epilépticas desta enfermidade.
- A sucesión de Fibonacci como patrón na natureza.
Os autores deste traballo foron Pablo Palmou Guntín e Kamil Anni Medina Rodríguez, os cales foron titorizados pola profesora do noso IES María José Macía Baldonedo e polo profesor da USC, Miguel Vilar Rivas.
O obxectivo deste traballo foi crear un programa informático para modelizar a filotaxia espiral das sémolas dunha planta de xirasol, empregando para elo o sofware CAD gratuíto de código aberto, OpenSCAD.
- Agricultura de precisión aplicada ao fertilizado do terreo.
O autor deste traballo foi Brais Vázquez Bande, titorizado polo director do noso IES, Carlos Cazón Rivas, e polo profesor da USC, Javier Bueno Lema.
O obxectivo xeral deste proxecto foi realizar unha simulación de fertilización mineral empregando a tecnoloxía da agricultura de precisión para comprobar a súa viabilidade nas condicións dunha explotación agrícola ou gandeira en Galicia.
- A ciencia dos alimentos a nivel nano.
As autoras deste traballo foron Antía Castro Díaz e Lucía Delgado Fernández, as cales foron titorizadas pola profesora do noso IES María Inés García Seijo, e polo profesor da USC, Francisco Fraga López.
Neste proxecto as autoras mediron mediante calorimetría diferencial de barrido (DCS) a entalpía, así como, a temperatura de transición vítrea dunha mostra formada por un polímero termoestable ao que se lle incorporaron nanotubos de carbono.
- Nanotecnología y sus aplicaciones en medicina.
Os autores deste traballo foron Juán e Pedro Viadé Rivas, titorizados pola profesora do noso IES María Dolores Castro Duarte e polo profesor da USC, Francisco Fraga López.
O obxectivo deste proxecto foi a obtención de parámetros calorimétricos (temperatura de transición vítrea, calor específico e entalpía de reacción) mediante calorimetría diferencial de barrido (DCS) dun sistema polimérico ao que se lle incorporaron nanotubos.
O tribunal avaliador estivo formado por Xoán Carlos Rodríguez, Paulino Martínez Portela e Carlos Cazón Rivas.
O alumnado obtivo a máxima cualificación e recibiron os seus diplomas de asistencia e aproveitamento.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |